Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda anuncia a convocatoria de 14 congresos locais do PP na provincia

     No Comité Executivo celebrado esta tarde e no que participaron como convidados os conselleiros de Sanidade e de Industria

    • Celebraranse congresos en: A Guarda, O Rosal, Oia, Crecente, Bueu, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Silleda, Barro, Vilaboa, Ponteareas, A Illa de Arousa, Cuntis e Pontevedra.
    • Haberá unha terceira convocatoria no Comité Executivo que se celebre en outono no que se autorizarán máis congresos.  
    • O proceso de actualización de xuntas locais completarase en 2018 coa celebración de congresos locais na metade da provincia.
    • “Unha vez rematado este proceso comezaremos a elixir candidatos”, explicou Rueda

     

    Pontevedra, 27 de xullo de 2017.- O Comité Executivo provincial do PP de Pontevedra, presidido por Alfonso Rueda, aprobou esta tarde a segunda quenda de congresos locais a celebrar a partir de setembro e que abarcará segundo o presidente provincial os primeiros meses do 2018. Os congresos vanse celebrar en: A Guarda, O Rosal, Oia, Crecente, Bueu, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Silleda, Barro, Vilaboa, Ponteareas, A Illa, Cuntis e Pontevedra.

    A estas 14 citas congresuais haille que sumar os 10 congresos xa celebrados no primeiro semestre e unha terceira convocatoria que, se aprobará previsiblemente no Comité Executivo que se convoque en outono, e que incluirá a convocatoria de máis congresos. Desta maneira nos primeiros meses de 2018 quedará completado o proceso de reestruturación que o líder dos populares apuntou a comezos de ano e que afectará a aproximadamente a metade da provincia.  

    Os criterios para a celebración destes congresos varían, nun casos fanse por propia iniciativa do comité local e noutros só se formaliza unha situación práctica, pero en todo caso o obxectivo é actualizar o partido e ter  en todos os concellos equipos fortes e preparados para afrontar con garantías as próximas eleccións locais.

    O presidente provincial deixou claro que non se están elixindo candidatos, “os cabezas de lista comezaranse a elixir ao longo do próximo ano, unha vez que remate este proceso, agora trátase de dar estabildiade e fortalecer as xuntas locais a nivel interno. Moitos cabeza de listas sairán deses congresos pero non todos”.

    INICIO DO CURSO POLÍTICO NA PROVINCIA

    Na reunión á que acudiron como convidados os conselleiros de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña e o conselleiro de industria, Francisco Conde, tamén se confirmou que a provincia de Pontevedra vai acoller unha vez máis e por undécimo ano consecutivo o inicio do curso político do Partido Popular e será como o ano pasado, na Carballeira do San Xusto, en Cerdedo-Cotobade.

    O presidente provincial explicou que “resultou ser un sitio moi cómodo, de fácil acceso e moi céntrico para as máis de 1.500 persoas que adoitan participar xunto co presidente do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy.

    Está aínda por confirmar a data exacta, aínda que o presidente provincial apuntou que será “a última fin de semana de agosto ou a primeira de setembro”.