Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP da Guarda pide facilidades para os fillos de pais traballadores no acceso á escola infantil municipal

    • “Non ten ningún sentido que o Goberno local diga que defende e favorece a conciliación familiar cando despois discrimina o acceso aos nenos con pais traballadores, porque seguramente sexan os que máis precisen dese servizo”. 

     

    A Guarda, 28 de xullo de 2017.- Trala moción presentada pola voceira do PP da Guarda Conchi Ortega, os populares conseguiron no pleno celebrado onte que o Goberno local se comprometera a reformar de forma urxente o regulamento da Escola Municipal Intantil da Guarda. “Un consenso necesario, -segundo Conchi Ortega-, tras os problemas que xorden todos os anos cando se convoca a comisión de baremación das solicitudes de entrada á escola infantil, derivados do regulamento actual”. 

    A voceira popular explica que este ano houbo problemas coa consideración de pais que están en situación de excedencia laboral, coa definición de familia monoparental, problemas cos ingresos por anos e o máis grave, a discriminación de solicitudes de entrada de nenos con proxenitores que traballan. 

    Nesta liña incide en que “non ten ningún sentido que o Goberno local diga que defende e favorece a conciliación familiar cando despois discrimina o acceso aos nenos con pais traballadores, porque seguramente sexan os que máis precisen dese servizo. 

    Con todo, o PP é consciente e apoia que economicamente teñan condicións diferentes os pais en paro e polo tanto sexá subvencionada a contribución, pero o que non se pode consentir é que se lle negue o acceso aos fillos de traballadores. 

    Conchi Ortega di “é un tema tan importante para a vila, para os pais e nenos que por iso só dende o consenso da corporación se poderá cambiar o regulamento con éxito, adaptalo a realidade económica, de traballo, e familiar das familias. Esperamos que trala moción aprobada onte se empeze a traballar en breve por este cambio tan demandado polos pais dos nenos”