Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP empraza ao BNG de Lores e á Deputación a escoitar aos veciños do rural

     A través dunha moción que presentaron este mesmo venres,

    • A formación que encabeza Jacobo Moreira urxe ao diálogo e consenso coas asociacións e colectivos de cada parroquia en materia de seguridade vial.
    • Piden que se rectifiquen as actuación levadas a cabo ata o momento que non contan co respaldo veciñal.


    Pontevedra 28, xullo, 2017.- A formación que encabeza Jacobo Moreira empraza á Deputación de Pontevedra e ao Goberno de Lores a escoitar as demandas do rural con respecto á instalación de dispositivos redutores de velocidade nas parroquias do noso municipio. 

    A través dunha moción que presentaron este mesmo venres, os populares urxen ao diálogo e ao consenso coas asociacións e colectivos de cada parroquia, incluída a recentemente creada plataforma ‘O Rural Existe’, para localizar as zonas sensibles nas que sexa necesario intervir en materia de seguridade vial e determinar así as medidas a adoptar en cada caso. Ademais, piden que se rectifiquen todas aquelas actuacións realizadas ata o momento que non conten co respaldo do veciños de cada parroquia.

    “A instalación indiscriminada de lombos no rural pontevedrés suscitou numerosas queixas por parte dos veciños do rural, queixas entendibles pois en ningún caso foron consultados nin informados sobre estas actuacións”, sinalou hoxe o concelleiro popular, Jose Luis Martín, “non estamos en contra da instalación de dispositivos redutores de velocidade”, insistiu, “o que reclamamos é que os lombos se instalen naqueles lugares onde sexan necesario, non de xeito indiscriminado e sen consensualo cos veciños que son os que mellor coñecen as necesidades reais de cada parroquia”, engadiu.

    Verducido, Santa María de Xeve, Mourente, Salcedo e Tomeza foron obxecto nas últimas semanas da instalación indiscriminada de lombos que non se rexen por unha normativa legal que os defina nin que determine as características técnicas para a súa construción, “algo que non tería pasado se, como vimos defendendo dende o 2015, Pontevedra contase cunha norma que os regulase e ofrecese seguridade xurídica ao noso Concello”, lembrou Martín.

    Os populares lamentan a falta de diálogo tanto do Goberno de Lores como da Institución provincial, “hai unhas semanas, acudimos, convocados polos veciños do rural, a unha reunión na que nos trasladaron as súas queixas e as principais demandas das parroquias”, apuntou o edil popular, “o BNG de Lores rexeitou a invitación deixando claramente reflectida unha falta de comunicación absoluta coa maioría dos veciños do rural”.

    Neste sentido, os populares lémbranlle ao BNG de Lores que a seguridade vial pasa non só pola instalación de lombos, se non tamén polo asfaltado das vías que se atopan en mal estado, a construción  de beirarrúas que protexan aos peóns, a sinalización, a limpeza de viais e cunetas e a iluminación de zonas conflitivas.

    “Lores e Mosquera debería ter escoitado primeiro aos veciños do rural pontevedrés para poder coñecer así cales son as súas principais demandas e necesidades”, sinalou, “deste xeito poderían saber que o saneamento e a limpeza son as súas principais carencias”, sentenciou.