Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Arangunde: “A alcaldesa de Cambados debería darlle vergonza dirixir o pleno sen coñecer o regulamento”

    •  “Como a que menos manda en Cambados é ela, quere amosar a autoridade nos plenos e ponse nerviosa ante a falta de argumentos”, considera o voceiro popular

     

    Cambados, 28 de xullo de 2017.- “A alcaldesa debería darlle vergonza poñerse a dirixir o pleno sen coñecer o regulamento”, así de contundente se amosou o voceiro do PP de Cambados, Luis Aragunde, ao valorar o acontecido na sesión plenaria de onte na que a alcaldesa lle negou o dereito a réplica establecido por lei.

    Neste sentido considera que “o primeiro que debería facer a alcaldesa antes de cada pleno é como mínimo ler o regulamento para evitar facer o ridículo desa forma e negar o dereito a unha segunda intervención, cando está contemplado de forma moi clariña” no artigo 40 do regulamento.

    Con todo, Aragunde considera que o problema non é só ese. “O problema tamén é que como non ten ningún peso no goberno local, porque a que menos manda en Cambados é ela, quere amosar a autoridade nos plenos e ponse nerviosa ante a falta de argumentos porque non está acostumada a dialogar”.

    O voceiro popular cre que é unha “pena” a actitude de Abal a que cualifica ademais de “gran metedura de pata”, por “coartar a liberdade de expresión e faltarlle ao respecto ao partido que representa a case a metade do pobo de Cambados”, con 8 concelleiros fronte aos 3 do PSOE.

    Nesta liña considera que a alcaldesa de Cambados está desbordada e moléstanlle as verdades que lle di o PP, de aí esa saída desproporcionada nun debate importante no que “non se estaba discutindo ningunha parvada”. 

     “Debería poder debatirse as veces que fixeran falta porque o centro de día é un tema prioritario, ou polo menos así o considera o PP que foi a fin de contas que sen encargou da xestión da construción do edificio para o centro de día, e se a creación do servizo non se dá feito é porque o Goberno de Cambados non aprendeu aínda a xestionar”, recorda o voceiro popular.