Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ángel Moldes cualifica de “ridícula” a reacción dos socialistas ante a visita de Alfonso Rueda a Deputación

     

    • Rueda visitou ao Grupo Popular en calidade de presidente do PP na provincia, outros fan unha xira polos concellos de Galicia, sen competencias e, probablemente sen invitación, buscando un candidato para o PSOE.
    • “Nin veu de noite nin ás agachadas, veu porque o invitamos e non será a última vez que o faga”, subliña Moldes.
    • En resposta ás declaracións de Carmela Silva, o voceiro popular indicou que tan mal non debe estar traballando o PP cando nos plenos de Deputación só se debaten as mocións que presenta o Partido Popular

    Pontevedra, 19 de maio de 2015.- O voceiro do Grupo Popular, Ángel Moldes, cualificou de “ridícula”, de “pataleta” e “fóra de lugar” a reacción do voceiro socialista na Deputación, Santos Hector, ao pedir a dimisión de Rueda pola súa visita a institución provincial en calidade de presidente do partido.

    O voceiro popular explicou que se tratou de unha visita totalmente cordial, que foi anunciada á propia presidente, Carmela Silva, por carta uns días antes e á que acudiu como presidente do partido, non como vicepresidente da Xunta. “Se queren reunirse con el como vicepresidente que o inviten, que non terá ningún problema en reunirse con eles, ao igual que o fai todos os días cos diferentes alcaldes de toda Galicia, independentemente da súa cor política”. A falta de respecto institucional é outra cousa, incidiu o popular. 

    “Ven a palla no ollo alleo e non ven a viga no seu”, ironizou Moldes, que explicou que Rueda visitou aos seus compañeiros para coordinarse con eles e nunha reunión de traballo, outros, como a propia presidenta da Deputación ou Abel Caballero, van de xira polos concellos de Galicia sen competencias no seu partido e seguramente sen invitación, co único fin de buscar un candidato para o PSOE”, sinalou.

    “Nin veu de noite nin ás agachadas, veu porque o invitamos e non será a última vez que o faga”, subliña Moldes. “Teremos que buscar entre todos solucións ao que o Grupo de Goberno da Deputación non é capaz de resolver”.

    Nesta liña e en resposta ás declaracións de Carmela Silva, o voceiro popular indicou que tan mal non debe estar traballando o PP cando nos plenos de Deputación só se debaten as mocións que presenta o Partido Popular, os proxectos que se sacan adiante son copias idénticas dos proxectos do anterior Goberno ou aparecen en resposta ás propostas dos populares. “Estamos esperando aínda que aparezan as súas iniciativas despois de 10 meses de goberno”.