Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Pontevedra solicitan o contido do informe que trasladou a Deputación de Pontevedra á Xunta sobre o parque de bombeiros

     

    Pontevedra, 29 de xullo de 2017.- O voceiro do PP de Pontevedra, Ángel Moldes, sinala que os deputados populares van solicitar a Deputación que de maneira urxente lle faciliten o contido do informe que desde a Deputación de Pontevedra se lle trasladou á Xunta de Galicia sobre o parque de bombeiros.

    Os populares consideran que ante a inquedanza que suporía o novo sistema de concesións faise necesario saber cal é a proposta concreta por parte da Deputación de Pontevedra e cales serían as consecuencias: en que situación quedarían os traballadores, como quedarían as coberturas destes parques, e que foi exactamente o que se propuxo nesa reunión, se a proposta da Deputación vai mellorar ese servizo e cales van a ser os custos.

    “Tempo tiveron de abondo para facer un informe completo e estudar todas as posibilidades, polo que pedimos claridade e que a Deputación de Pontevedra poña sobre a mesa a súa proposta”.

    Moldes lamentou ademais que a presidenta da Deputación de Pontevedra fora a única que non participou a reunión e delegara no deputado López Font, de quen lle parece sorprendente que durante a reunión todo lle parecese marabilloso e tivera unha actitude dialogante e ao dia seguinte, seguramente despois de falar co seu xefe, aparecesen os problemas.

    Moldes recomèndalle que en lugar de andar buscando culpables asuma as competencias e responsabilidades que lle corresponden á Deputación de Pontevedra, porque, unha vez máis recórdalle que quen ten que dar solucións e respostas aos concellos de menor tamaño en materia de emerxencias é por lei a Deputación.