Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DE SALCEDA DENUNCIA QUE AS OBRAS ANUNCIADAS POLA DEPUTACIÓN E GOBERNO MUNICIPAL CONTINÚAN SEN INICIARSE

    • Como xa o advertiamos o pasado mes de Xaneiro, a Deputación presumía duns investimentos en Salceda que a día de hoxe continúan sen estar iniciados
    • O Goberno Municipal é o principal responsable por antepoñer de novo os seus intereses –electoralistas- ós dos veciños, veciñas e comerciantes salcedenses

     

    Salceda de Caselas, 01 de agosto de 2017.- O Partido Popular de Salceda de Caselas, ven a denunciar tal e como xa o facían o pasado mes de Xaneiro, as mentiras por parte da Deputación de Pontevedra e Goberno Municipal sobre as obras previstas para o noso Concello dentro do Plan Concellos 2016; unhas obras que os mesmos daban por feitas a comezos de ano e que a día de hoxe non están nin comenzadas.

    “Cómpre recordar ós/as veciños/as e comerciantes que os responsables provinciais presumían no 2016 de ter investido na humanización das rúas Compostela, A Coruña e parte da Rafael Tilve Adrio. Como todos podemos comprobar, a realidade a día de hoxe é ben diferente xa que as obras non están nin adxudicadas” explica o voceiro popular, Santiago Rodriguez Davila.

    Os populares veñen advertindo das intencións da Deputación e do Goberno Municipal dende o pasado mes de Xaneiro. Davila explica que “ademais de mentir ó tratar de vender unhas obras que non están feitas, a Deputación reduciu o presuposto para o Concello, especialmente no tocante ás axudas que recibían os colectivos veciñais e culturais do mesmo –véxase o Plan de Acción Comunitaria, axudas a entidades veciñais e culturais para a mellora dos seus edificios, vestiarios, instrumentos, etc-. Pola súa parte, o Alcalde é o principal responsable da situación actual por varios motivos: en primeiro lugar, por encubrir á Deputación ó respaldar a súa xestión, en vez de defender os intereses e necesidades dos salcedenses, e en segundo lugar e máis grave, por continuar sen licitar nin executar as obras a día de hoxe”

    “Dende este Grupo somos conscientes de que hai de prazo ata final deste ano 2017 para rematar as obras, pero porqué esperar ata final de ano en pleno inverno se non hai ningún impedimento para elo? Porqué retrasar unhas obras que os/as veciños/as e comerciantes poderían estar desfrutando dende hai máis dun ano? Se noutros concellos os investimentos xa están executados, porqué en Salceda aínda nin se comezaron?.Todas estas preguntas lévannos a pensar que o único que pretende o Alcalde –como xa fixo noutras ocasións- é esperar o máximo tempo posible para executar as obras preto das eleccións municipais e sacar así rédito político –esgotando o plazo máximo de execución das mesmas-” afirma o voceiro. 

    “Todo isto ven a demostrar que o que víñamos dicindo meses atrás, e que trataron de desmentir, era certo. Do prometido nada se ve a día de hoxe. Por todo isto, pedimos ó Goberno Municipal  que se deixe de tanta palabrería e que executen de xeito inmediato as obras de humanización das rúas Coruña, Compostela e Rafael Tilve Adrio para o desfrute dos veciños/as e comerciantes de Salceda” rematan os populares.