Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Partido Popular recorda ao Bipartito que continúa esperando polo informe detallado sobre o plan de compostaxe

    • Ángel Moldes sinala que “tiveron tempo de abondo para realizalo e presentalo, polo que pedimos claridade e transparencia”.
    • O cidadán ten dereito a saber canto lle está costando a compostaxe e cales son os resultados reais deste plan”.

     

    Pontevedra, 1 de agosto de 2017.- O grupo provincial do Partido Popular recorda ao Bipartito da Deputación de Pontevedra que meses despois de solicitalo, continúa esperando por un informe no que se detallen todos os gastos destinados ao plan de compostaxe desde a súa posta en funcionamento. “Tiveron tempo de abondo para realizalo e presentalo, entendemos que son datos que teñen que estar manexando, pero a día de hoxe continuamos sen ningún tipo de información ao respecto”.

    Por iso, o voceiro provincial, esixe “máis claridade e transparencia con este plan”. Recorda Moldes que no último pleno provincial, desde o Goberno sinalaron que entregaban toda a documentación que se lle solicitaba, e por iso os populares insisten en saber que é o que pasa coa compostaxe para que non se lle ofreza ningún dato ao respecto. “Sabemos que o marketing se lles dá moi be, que poden estar todo o día falando da compostaxe, pero o que nós reclamamos é seriedade e rigor. Dous anos despois é momento de falar claro, e para facelo é fundamental ter datos concretos e reais”, sinala o popular.

    Así, recorda que hai xa dous meses que requiriron un informe con todos os importes que destinaron a cada unha das partidas e das accións vinculadas ao plan, desde as campañas de difusión e promoción, ata as conferencias, estudos, adquisición de composteiros, becas dos mestres, axudas, aluguer de instalacións…, así como un listado dos concellos da provincia que se adheriron, indicando as accións ou axudas outorgadas a cada un deles.

    “Hai moita confusión sobre o que se leva investido, cada vez que o Bipartito se refire a este proxecto e de orzamentos fala de cantidades diferentes, con moita improvisación e falta de claridade. Por iso, e para que non haxa dúbidas, insistimos en coñecer canto se gasta, en que se gasta e como se gasta. O cidadán ten dereito a saber canto lle está costando a compostaxe e cales son os resultados reais deste plan”.