Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Para o PP de Cambados, a xestión do Cuatripartito está empeorando a imaxe da Festa do Albariño

    • Critican a limpeza, converter as rúas principais do concello en macrobotellóns, dar as costas á celebración do Capítulo Serenísimo ou que non aproveitasen a conmemoración da Cidade Europea do Viño para recuperar as actuacións de nivel internacional.
    • Non o consiguen, sinala Luis Aragunde, a pesar de que agora o Albariño é unha festa na que “todos colaboramos en positivo”.

     

    Cambados, 08 de agosto de 2017.- Concluída a Festa do Albariño, o Partido Popular de Cambados valora a edición deste ano, respectando absolutamente o papel de viticultores, adegueiros e todas as persoas que colaboran o participan nela, pero lamenta que a xestión do Cuatripartito non estea á altura e empeore a imaxe desta celebración. Así, sinalan a falta de limpeza, converter as rúas principais do concello en macrobotellóns, dar as costas á celebración do Capítulo Serenísimo ou non aproveitar a conmemoración da Cidade Europea do Viño para recuperar as actuacións de nivel internacional que había anteriormente, como os principais aspectos a mellorar para que Cambados e a súa festa máis importante continúe promocionándose como un evento da máxima calidade.

    E non o consiguen, sinala Aragunde, a pesar de que agora o Albariño é unha festa na que “todos colaboramos en positivo”. A este respecto, recorda que cando gobernaba o PP, a oposición encargábase edición tras edición de crear a nota negativa. “Sempre buscaban unha disculpa para entorpecer e monospreciar a festa e ao sector. Unha das últimas, pola piscina municipal, cando xa estaba asegurada a continuidade dos postos de traballo cando entrou en concurso de acreedores a concesionaria”.

    O popular destaca que, tanto nos días de festa como agora, unha vez xa rematada, son moitos os veciños que lles trasladan as súas queixas pola suciedade das rúas. Luis Aragunde recoñece que a limpeza mellorou “timidamente” con respecto á edición do ano pasado, “que foi un auténtico desastre”, pero é un aspecto que o Cuatripartito “segue sen tomarse en serio a pesar de que é de vital importancia para dar unha boa imaxe de Cambados e para causar o menor prexuízo posible aos veciños”. Ademais, engade, “se comparamos con mandatos anteriores, a limpeza empeorou significativamente, polo que o Cuatripartito non está á altura das circunstancias”.

    Ademais, desde o PP tamén lembran que o BNG na oposición sempre tiña a mesma teima, que era que o Albariño se convertese nun macrobotellón, “algo que este Cuatripartito conseguiu de longo”. Así, critican que “é a terceira edición que organizan, e non coñecemos nin unha soa medida que puxeran en marcha para evitalo, ao contrario, todo o centro de Cambados participou dese macrobotellón, e sumado á deficiente limpeza, provocaron prexuízos significativos durante a festa”.

    O PP tamén se refire á celebración do Capítulo Serenísimo, “que de novo se atopou co rexeitamento do Concello de Cambados”. Sinalan que, posiblemente, sexa un dos actos “máis vistosos e mediáticos do Albariño, gracias á aportación do Capítulo e os seus premiados, pero a alcaldesa nin asiste ao Pazo de Fefiñáns nin permite a saída do desfile desde a Casa do Concello”. Como contraposición, salientan, dentro de unha semana en Vilagarcía este mesmo desfile si sairá desde o concello. “Este Cuatripartito rompe a sintonía que sempre existiu entre Concello, Consello Regulador e Capítulo Serenísimo, que son as tres entidades fundamentais para a organización da festa, despois dos verdadeiros protagonistas que son os adegueiros e viticultores, xunto con veciños e turistas”.

    Por último, os populares lamentan que non aproveitasen a conmemoración da Cidade Europea do Viño para recuperar as actuacións de nivel internacional que se programaban anteriormente, e que contribuían a que houbese unha importante repercusión mediática da festa.