Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Horas despois do “pleno da vergonza”, un “pleno dos veciños” multitudinario respalda unanimemente a baixada do IBI

    • Máis de 500 veciños marchan en apoio das medidas propostas polo PP e votan que si fronte ás portas do Concello.
    • Os cidadáns votan “si” a cada unha das propostas dos populares, que contrastan este acto con presenza masiva de veciños coa actitude “covarde” e “antidemocrática” do Bipartito.
    • Os populares reivindican “a voz da cidadanía” fronte “ós insultos dos que non teñen argumentos”

     

    Poio, 8 de agosto de 2017. Máis de 500 veciños de Poio participaron no acto en apoio á baixada do IBI convocado polo PP en calidade de “pleno dos veciños”. Despois de marchar desde as portas do cemiterio de San Xoán ata a praza do Mosteiro tras unha pancarta “en apoio á baixada do IBI”, o voceiro popular Ángel Moldes leu cada unha das medidas propostas polo PP para mitigar os efectos da regularización catastral e os veciños, que ocupaban toda a fachada da casa consistorial, votaron unanimemente “si” a todas elas.

    Ángel Moldes agradeceu a presenza masiva de cidadáns a este acto, que contrastou co “Pleno da Vergonza” convocado esta mañá polo Bipartito de forma “covarde” e “antdemocrática” para que non acudisen afectados nin outros veciños e reivindicou “a voz da cidadanía expresada de forma abrumadora” fronte ós «insultos dos que non teñen argumentos».