Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP insiste en obter unha copia do informe da Deputación sobre o parque de bombeiros

    • Ángel Moldes pregunta “cal é o contido do documento e por que non queren que se coñeza”
    • Critica que “presuman de Deputación transparente cando son expertos en negar e agochar información”.
    • Recorda que, ademais deste informe, tamén están esperando polos datos da compostaxe.

     

    Pontevedra, 11 de agosto de 2017.- O grupo provincial do Partido Popular volve a insistir en obter unha copia do informe da Deputación sobre o parque de bombeiros. “Queremos e estamos no noso dereito e deber de coñecer o contido dese informe, por iso pedimos unha copia urxente hai xa dez días e seguimos esperando unha resposta”, critica o voceiro popular, Ángel Moldes. 

    “Non nos imos dar por vencido nas nosas pretensións. Seguiremos reclamando o documento aínda que a presidenta Carmela Silva, como sempre, dea a calada por resposta”. Nesta liña, amosa a súa curiosidade por saber “cal é o contido do documento e o motivo polo cal non queren que se coñeza”. Posiblemente, engade, é porque o informe está elaborado por técnicos e igual contradí ou, polo menos, non comparte as afirmacións que Carmela Silva fixo durante o ano e medio que levamos esperando por el. 

    Recorda que o documento xa está feito, “a presidenta só ten que autorizar que envíen unha copia ao grupo popular. Que tarde tanto tempo en facelo só pode significar que quere agochar o contido”. Neste sentido, critica “que a presidenta presuma de unha nova Deputación transparente cando a estas alturas xa todos sabemos que é unha gran mentira, porque son expertos en negar e agochar información”.

    Ángel Moldes apunta que ademais deste informe, o grupo provincial tamén está esperando desde hai varios meses polos datos da compostaxe e desde outobro do ano pasado, do plan estratéxico de turismo.