Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP critica que o novo “miniplan” do Bipartito é insuficiente para dar resposta a todas as deficiencias do Plan Concellos

    • Ángel Moldes lamenta que ““un plan para todos os concellos de menos de 20 mil habitantes da provincia vai recibir menos cartos que unha soa obra para unha grande cidade”.
    • Sinala que “para calmar as críticas dos alcaldes do BNG e PSOE, aprobaron un miniplan improvisado, insuficiente e electoralista”.

     

    Pontevedra, 16 de agosto de 2017.- O grupo provincial do Partido Popular criticou esta mañá o “miniplan” anunciado polo Bipartito da Deputación de Pontevedra para os concellos de menos de 20 mil habitantes da provincia. “Está moi ben que recoñezan que o Plan Concellos non funciona, estamos de acordo en que se vaian corrixindo os erros e as deficiencias que hai, pero entendemos que este plan é insuficiente. Ao final, son 6 millóns de euros ao ano e se o repartimos con todos os concellos de menos de 20 mil habitantes da provincia (son 52), a cantidade é mínima”, sinalou o voceiro Ángel Moldes.

    “Non sabemos con que alcaldes consensuaron este plan, porque hai que recordar que a metade dos alcaldes da provincia continúan esperando a ser recibidos dous anos despois”, cuestionou Moldes, pero o que está claro, lamentou, é que “os pequenos e medianos concellos volven a ser os grandes desfavorecidos deste Bipartito PSOE-BNG”. Recordou que “un plan para todos os concellos de menos de 20 mil habitantes vai recibir menos cartos que unha soa obra para unha grande cidade. Non é normal que unha soa actuación supere un plan destinado para todos estes concellos, máis cando o papel das Deputacións é precisamente estar ao lado dos pequenos e medianos”.

    Para Ángel Moldes, “pouco a pouco nos veñen dando a razón sobre o que o PP denunciou nestes dous anos, ao dicir que o Plan Concellos é insuficiente, non da cobertura ás demandas erais que teñen os alcaldes e no que faltan 20 millóns de euros”. Así, entende que si publican este novo “miniplan improvisado, insuficiente e electoralista”, é precisamente para dar resposta “ás queixas e calmar as críticas dos alcaldes do PSOE e BNG que tamén dicían que o Plan Concellos non estaba funcionando”.

    Ademais, desde o PP entenden que “por moito que queiran chamarlle de outra maneira, isto ao final é unha libre disposición”. Para o deputado Luis Aragunde, tamén chama a atención a data límite de execución dos proxectos. “Estiveron privando aos concellos de maiores investimentos durante dous anos, nos que sufriron a mala xestión e planificación do Bipartito. Agora se atopan con remanentes e unha parte importante do orzamento sen executar que utilizan para sacar a estas alturas un plan totalmente electoralista”. O popular apunta que xa pasou a metade do mandato e o prazo de execución dos proxectos remata xusto a tempo para as próximas eleccións municipais.