Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • JOSÉ MANUEL ESTÉVEZ TRILLO, NOVO CONCELLEIRO DO PARTIDO POPULAR DO PORRIÑO

    • O novo edil, veciño de Mosende de 38 anos,  sumará esta nova responsabilidade como concelleiro ao traballo que vén desenvolvendo nos últimos anos na agrupación local
    • José Manuel Estévez concorreu aos comicios do 2015 en representación da súa parroquia na lista popular

     

    O Porriño, 19 de agosto de 2017.- José Manuel Estévez Trillo incorporarase como concelleiro do  Grupo do Partido Popular no Concello do Porriño.  O novo edil recolle o relevo de Nelson Santos como corporativo e sumará esta nova responsabilidade ao traballo que vén desenvolvendo na agrupación local os últimos anos.

    Empresario do sector hostaleiro, a traxectoria profesional  de J. Manuel Estévez está especialmente ligada ao mundo da empresa e  do emprendemento local. Cabe destacar a súa faceta como produtor musical co seu grupo Traffic House,  téndose consolidado como un dos máis recoñecidos de Galicia.

    O novo edil, asume esta nova etapa con “moita ilusión, unha enorme responsabilidade e o firme compromiso de dedicar todo o meu esforzo a mellorar a vida dos veciños e veciñas da miña parroquia, Mosende, e do resto do municipio”.  Un compromiso e unha entrega que reafirmou ao apoiar o  proxecto dos populares concurrindo ás municipais do 2015 en representación da súa parroquia na lista.   “O meu obxectivo nesta etapa que comezo é conseguir o mellor para o meu pobo nos diferentes ámbitos”, apunta, “asegurar que os cidadáns de todas as parroquias e tamén do centro urbano teñan garantidos todos os seus servizos, e como prioridade, conseguir que se complete a rede de saneamento nas parroquias”.

    Pola súa banda, o presidente do Partido Popular local, M. Alejandro Lorenzo, destaca a “responsabilidade, a valía e a capacidade de traballo de José Manuel”, ao que desexa sorte nesta nova etapa “aínda tendo a seguridade de que exercerá de maneira inmellorable o seu labor como concelleiro”.  Neste sentido, Lorenzo subliña que o partido conta na lista con persoas “sobradamente cualificadas e preparadas para asumir esta responsabilidade” que por cuestións persoais ou de carácter profesional non puideron incorporarse á Corporación “aínda que continúan traballando con entrega ao proxecto do Partido Popular. A todos eles agradecerlles tamén a súa dedicación”.