Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Nidia Arévalo: “Carmela Silva ten moi pouca vergonza ao criticar esta visita cando eles estiveron de ronda partidista por toda Galicia”

    •  Recorda que está negándose a recibir a alcaldes do PP, e que é a única presidenta das deputacións que non se reuniu co presidente da Xunta, declinando ata en dúas ocasións as datas que se lle propuxeron.

    Pontevedra, 20 de maio de 2016.- Para a voceira do grupo provincial do Partido Popular, Nidia Arévalo, a presidenta da Deputación de Pontevedra é a persoa que menos leccións pode dar sobre a visita de Alfonso Rueda despois de facer un tour por toda Galicia, acompañando a Abel Caballero, en busca dun candidato para o PSOE. “Ten moi pouca vergonza ao criticar esta visita cando estiveron facendo unha ronda do partido por toda Galicia. Que facía a presidenta da Deputación en Lugo? Que facían os deputados provinciais por toda a comunidade autónoma, seguindo a Abel Caballero na procura dun candidato?”, critica a voceira.

    Nidia Arévalo sinala que a presidenta está negándose a falar con alcaldes do PP da provincia aos que non quere recibir, e recorda que é a única presidenta das deputacións que a día de hoxe non se reuniu co presidente da Xunta, declinando ata en dúas ocasións as datas que se lle propuxeron. “E despois ten esta pataleta porque Alfonso Rueda visita o grupo do PP como presidente provincial do partido”, valora.

    Nesta liña, subliñou que Rueda tivo a cortesía institucional de informar días antes á presidenta da súa visita ao grupo, e animoulle a convidalo como vicesecretario da Xunta de Galicia, “xa que a única invitación que recibiu desta casa foi a que fixemos os deputados do Partido Popular”.

    “Somos conscientes de que lles gustaría que este grupo non existise, pero o certo é que temos moitas ideas para a provincia, e imos seguir traballando para defender os intereses dos concellos e dos cidadáns, e estas ideas e este traballo é o que lle explicamos ao presidente provincial do noso partido”, sinala. A popular indicou que tan mal non debe estar traballando o PP cando nos plenos de Deputación só se debaten as mocións que presenta o Partido Popular, os proxectos que se sacan adiante son copias idénticas dos proxectos do anterior Goberno ou aparecen en resposta ás propostas dos populares. “Estamos esperando aínda que aparezan as súas iniciativas despois de 10 meses de goberno”.