Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ángel Moldes insta ó BNG a «que dea a orde de parar» os ataques contra o patrimonio e o mobiliario urbano de Combarro

    • O casco histórico de Combarro amenceu con pegatinas contra o PP pegadas sobre o patrimonio histórico, mobiliario urbano, o pavimento e mesmo en propiedades privadas.
    • As pegatinas utilizadas nesta «agresión contra o patrimonio de todos» son as mesmas que compartiron hai semanas dirixentes nacionalistas nas redes sociais.
    • «Manden parar estes ataques e fagan todo o posible para que non se repitan. Nós estamos acostumados ás agresións do BNG e amigos, pero é intolerable que se atente contra o patrimonio e a imaxe de Combarro».

         

    Poio, 22 de agosto de 2017.- O voceiro do PP de Poio Ángel Moldes instou ao BNG a que «dea a orde de parar os ataques contra Combarro» coma o que se produciu esta noite, cando o conxunto histórico da vila combarresa amenceu empapelado con pegatinas contra o PP e o propio Moldes.

    «De madrugada, e protexidos pola escuridade, igual que vulgares ladróns, uns covardes andiveron poñendo pegatinas no casco histórico de Combarro. As pegaron sobre elementos do patrimonio histórico, do mobiliario urbano, e mesmo nas propiedades privadas dos veciños», explicou Moldes. «Sorprendentemente, estas pegatinas foron compartidas hai semanas en redes sociais persoalmente por dirixentes do BNG e en páxinas afíns».

    Moldes tildou de intolerable, esta «agresión contra o patrimonio de todos», e esixiu ao BNG que «dea a orde de parar», mande retirar estas pegatinas inmediatamente, deteña o deterioro dos elementos atacados e faga todo o posible para que estes feitos non se repitan.

    «É unha vergoña que en vésperas da Festa do Mar e o Armadiña, cuxos propios promotores editaron un manual de boas prácticas para que os asistentes respecten o entorno e a ecoloxía de Combarro, e coa vila chea de visitantes, uns impresentables fagan isto», denunciou Moldes: «Non é normal que os que defenden a quen leva 22 anos gobernando teña que recorrer a estes ataques contra o patrimonio e a economía de Poio».

    «Somos conscientes de que despois de tantos anos no poder hai xente e amigos do BNG que teñen medo a perder os seus privilexios», explicou Moldes: «Nós asumimos os seus ataques e mesmo estamos acostumados a eles, pero é intolerable que atenten contra o patrimonio histórico e intenten danar a imaxe dun lugar visitado nestas datas por milleiros de persoas». 

    «Queren atacarnos a nós? Adiante, pero deixen en paz ós veciños, ó turismo, á historia, o patrimonio e ós veciños de Poio», advertiu Moldes: «Se este é o proxecto que os amigos do BNG defenden para os eventos, o turismo e a riqueza de Combarro e de todo Poio, non están no bo camiño».