Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP do porriño ADVIRTE DO RISCO DE PERDER VARIAS AXUDAS DA XUNTA POLO DESINTERÉS DO GOBERNO

    • O goberno municipal do Porriño non destinou partida presupuestaria para a obtención de varias subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria por importe de  308.000 euros
    • A  política de improvisación dun equipo de goberno que prefire deixar pasar o tempo e actuar a última hora en lugar de traballar de xeito responsable, xa levou ao Concello do Porriño a  perder  outras achegas nos últimos dous anos.
    • Os fondos concedidos pola Xunta de Galicia están destinados ao acondicionamento da praza de abastos, melloras da eficiencia enerxética e alumeado público no PPI-7 e As Gándaras, renovación e mellora da sinalización do Polígono de A Granxa e instalación de sistemas de calefacción en varios Centros Culturais.

     

    O Porriño, 24 de agosto de 2017.-  O Goberno Municipal do Porriño convoca hoxe un pleno extraordinario de carácter urxente. Unha convocatoria que ven a sumarse as numerosas sesións extraordinarias que se levan celebrado dende que comezara esta lexislatura e cuxa urxencia ven dada polo risco de perder varias subvencións concedidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao estar a piques de rematar os prazos para a súa concesión sen que se teñan levado a cabo os trámites necesarios.

    Falamos de seis subvencións que suman a cantidade total de 308.000 euros e que corren risco de perderse pola actitude pasiva e o desinterés dun Goberno Municipal que non destinou partida presupuestaria a tal fin. Cabe destacar que agunha das subvencións foron concedidas hai máis dun mes, tempo máis que suficiente para levar a cabo a xestión administrativa precisa  que asegurase a obtención destas achegas. 

    Pola contra, lévase a pleno a última hora un novo crédito extraordinario para dotar de partida as mesmas  e sen prazo suficiente para que algunha das axudas poidan cumplir os prazos de tramitación.  A  política de improvisación dun equipo de goberno que prefire deixar pasar o tempo e actuar a última hora en lugar de traballar de xeito responsable, xa levou ao Concello do Porriño a  perder  outras achegas nos últimos dous anos. Dende o PP do Porriño esiximos do executivo máis seriedade na xestión e instamos aos responsables municipais a mudar a súa actitude pasiva e non por en risco a obtención destes fondos procedentes do executivo autonómico esenciais  para un Concello como o do Porriño.