Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda denuncia a falta de por parte do Concello trala celebración da festa da Empanada

    • A pesar de esixirlle ó grupo de goberno a creación dun plan de limpeza en reiteradas ocasións o señor Cuíña non atende as peticións dos populares.
    • Denuncian ademáis que o domingo da celebración das festas os sacos de basura permaneceron nas beirarrúas.
    • O Partido Popular bota de menos a foto denuncia da Concelleira tal como fixo en recentes datas na Fervenza.

      

    Silleda, 23 de agosto de 2017.- O Partido Popular de Silleda denuncia que a Carballeira de Silva, onde se celebrou o pasado venres o festival folk, continúa a día de hoxe ateigada de cristais e botellas xa que polo concello non se procedeu a súa limpeza.

    Ademáis da mala imaxe e incomodidades que de por sí xenera esta situación para todolos veciños, debe recordarse que este e un lugar de paso para os peregrinos que como este mercores facían nas súas inmediacións para xantar ou simplemente facer unha pequena parada.

    Dende o Partido Popular de Silleda consideran que “E lamentable que case unha semana despois da celebración do festival folk a carballeira siga neste estado. Hoxe mesmo paraban un grupo de peregrinos e algúns tiñan que sentarse na acera a xantar porque na carballeira non había nin onde sentarse por culpa do lixo. Unha imaxen penosa que a bo seguro non esquenceran fácilmente os peregrinos que nos visitan estes días”.

    Este non e un feito aillado e dende o Partido Popular de Silleda vense alertando desta grave situación pola nefasta utilización dos medios dos que conta o Concello, e requerindo o grupo de goberno para que faga un plan de limpeza no Concello no que se contemplen estes eventos “So pedimos que ó igual que se facía antes, se prevea a limpeza dos enclaves nos que se celebran as festas, xa que se xera moito lixo. A limpeza do noso Concello e unha cousa seria, e si non saben facelo deberían polo menos recoller os consellos que se lle dan”.

    Todolos veciños que se acercaron o domingo ata a festa puideron ver como os sacos de basura quedaron depositados na beirarrúa, sen recoller, algo que da unha imaxe absolutamente deplorable do noso Concello, e que nunca se veu en ningún concello da redonda. Dende o Partido Popular valoraron que “Botamos de menos que neste caso a Concelleira de turismo non viñera a sacarse unha fotografía como fixo en recentes datas na fervenza do Toxa para denunciar o incivismo dos que abandonan en calquer sitio o lixo, sen embargo nesta ocasión, que sin dúbida e tan grave como a da fervenza, como o encargado de deixar os sacos de lixo é o propio Concello, non hai foto”.  

    Novamente a falta de previsión e a mala xestión dos recursos do Concello afecta a tódolos veciños, e dende o Partido Popular esperan que esta circunstancia non se volva a repetir xa que nin os veciños o merecen, nin e a imaxe que debemos dar a todolos que nos visitan.