Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PARTIDO POPULAR DE SALCEDA CRITICA A FALTA DE PROPOSTAS POR PARTE DO GRUPO DE GOBERNO NOS DOUS ÚLTIMOS PLENOS MUNICIPAIS

    • O PP de Salceda pola súa parte chega ó pleno de mañá, venres,  con moitos temas que tratar e mellorar.
    • Entre os temas propostos destacan a solicitude de creación dunha comisión de seguemento do “Caso Auditorio” e unha moción sobre a ausencia de fondos destinados á contratación de policía local e seguridade cidadá.

     

    Mércores, 24 de agosto de 2017. O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, critica a ausencia de propostas por parte do Alcalde e o seu Grupo de Goberno nos dous últimos plenos municipais. “Non chego a comprender cómo con cinco dedicacións e un cargo de confianza non son quén de presentar ningunha iniciativa, que non den voz a ningunha necesidade ou problema de veciños/as”. Os populares, pola contra, chegan ó pleno de mañá con moitos temas sobre a mesa.

    “Tal e como anunciaramos, este Grupo presentou por rexistro a solicitude de creación dunha comisión de seguemento que nos permita investigar qué aconteceu cos cartos das entradas cobradas ós veciños e veciñas por actuacións no Auditorio Municipal e que non aparecen por ningures, xa que nin o Alcalde nin a Concelleira de Cultura foron quén de demostrar con documentos oficiais no último Pleno Municipal o procedemento seguido” afima Davila.

    Continúa o voceiro “tras os acontecementos das últimas semanas (actos vandálicos de diversa índole) e, dando voz ás demandas dos salcedenses, este Grupo ven de presentar tamén por rexistro unha moción sobre a ausencia de fondos destinados á contratación de policía local e seguridade cidadá, na que propoñemos ó Goberno Municipal a adopción de medidas coma, por exemplo, convocatoria urxente da Xunta de Seguridade Local, creación dunha subcomisión que permita a representantes de asociacións e colectivos salcedenses aportar ideas, queixas ou suxerencias; elaboración e execución dun Plan de Prevención, reposición inmediata da vacante deixada polo membro da Policía Local de baixa laboral, reforzo vacacional do servizo, servizo en horario nocturno e fins de semana, Plan Anual de Dotación de Medios ó servizo policial, entre outros”.

    O Concelleiro Joaquín, pola súa parte, propón ó Goberno a través dunha moción modificar a Ordenanza Fiscal nº21 reguladora do IBI. “Este Grupo Municipal considera non axeitada a aplicación do 0,50% (tipo xeral) ós “bens rústicos” (galinheiros, cobertizos, almacéns e similares), polo que propón a aplicación do tipo mínimo, 0,40%, a todos os inmobles cuxo valor catastral sexa inferior a 11.000,00 euros. Tamén propomos que os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa gocen dunha bonificación (40% categoria xeral e 50% categoria específica) na cota íntegra do inmoble de uso residencial que constitúa a súa residencia habitual e na que estén empadroados, sempre e cando se cumpran unha serie de requisitos”

    “Para finalizar, aportamos tamén diferentes rogos: Elaboración dunha ordenanza reguladora da concesión de axudas a clubes, colectivos desportivos e desportistas individuais do Concello; Instalación de puntos de Auga potable nas Zonas Deportivas da Devesa e Altamira; mellora da Estrada Barral-Igrexa-Penedo Redondo e realización de aparcadoiro na marxe do torreiro; mellora do servizo de lixo nalgunhas parroquias, canalización de Augas Pluviais en Outeiriño-Agro (Soutelo); mellora de limpeza en Rúa Lugo e creación dun rexistro de empresas para convidar a todas, sen excepción a participar nos procedementos de adxudicación de obras.

    Dende o Partido Popular de Salceda cremos que ésta é a actitude dun Grupo que pretende mellorar Salceda e favorecer ós/ás veciños/as, non coma o Goberno Municipal que sempre mira polos seus intereses, é decir, polo que máis lle beneficie de cara ás eleccións” explica Davila.