Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP sospeita que o Bipartito da Deputación agocha o informe dos bombeiros porque podería ter consecuencias drásticas para os traballadores

    • Para Ángel Moldes “é algo moi grave, que demostra que esa transparencia da que tanto presumen é falsa”.
    • “Non se pode consentir que falen de un documento interno cando afecta ao servizo de emerxencia e debería ser de interese público”, engade.

     

    Pontevedra, 25 de agosto de 2017.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, denunciou esta mañá que xa é oficial que o Bipartito da Deputación de Pontevedra lles nega o acceso ao informe sobre o cambio de xestión dos parques de bombeiros. Así, dixo que tras un mes reclamando unha copia do documento, “porque sabiamos que existe, que se enviou á Xunta, e entendiamos que era importante para todos, para bombeiros, alcaldes e veciños, coñecer o seu contido, o Goberno provincial di que non nos entregan o informe”.

    Concretamente, sinalou, na carta que remiten ao PP “se mal xustifican”, ao dicir que “é un informe de carácter interno que non forma parte dun expediente administrativo nin responde á actividade ordinaria nin extraordinaria da Deputación”. Segundo Moldes, “é algo moi grave, e vén a demostrar que esa transparencia da que tanto presumen é falsa”.

    Moldes incidiu en que este informe é un documento moi importante, xa que nel debería sinalarse, entre outras cuestións, en que situación quedarían os traballadores, cal sería a situación económica e xurídica se se fai o cambio de xestión de privado a público... “Entendemos que é un documento ao que deberiamos ter acceso, porque ao final esta transformación é moi importante”. Ademais, di que “non se pode consentir que falen de un documento interno cando afecta ao servizo de emerxencia e debería ser de interese público”.

    Por iso, desde o PP sospeitan que “si non queren facer ese documento público é porque ten un contido moi sensible e complicado, e con unhas consecuencias drásticas para todos os bombeiros que traballan no consorcio. Desconfiamos que os requisitos que puxo a Xunta para facer o cambio de xestión _non aumentar o custe do servizo e respectar os postos de traballo_ se van incumprir todos”.

    O voceiro critica que “o que hai ano e medio era súper urxente, agora non o é tanto”, e  entende que este cambio de criterio pode estar xustificado polo informe que agora están agochando. Así, recordou que esta competencia é exclusiva da Deputación de Pontevedra para os concellos de menos de 20 mil habitantes “e agora mesmo está bloqueada”. 

    “Hai unha improvisación absoluta nun problema que eles crearon, pero tamén unha falta de ética e de transparencia”.