Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP denuncia que a Nova Deputación outorga subvencións ao seu propio partido

    • Luis Aragunde sinala que “pode que sexa legal conceder axudas por máis de 8.400 euros a Galiza Nova, pero desde logo non nos parece moi ético”.

     

    Pontevedra, 30 de agosto de 2017.- O grupo provincial do Partido Popular denuncia que a Nova Deputación está outorgando subvencións ao seu propio partido. Concretamente, explica o deputado Luis Aragunde, hai expedientes tanto do ano 2016 como do 2017 nos que se conceden ata tres axudas a Galiza Nova. Por iso, os populares xa pediron por rexistro copia destes documentos.

    Para o popular, “pode que sexa legal conceder axudas por máis de 8.400 euros ao teu propio partido, pero desde logo non nos parece que sexa moi ético”. É, sinala, “como si ao PP cando estaba gobernando se lle dera por aprobar axudas para as Novas Xeracións, algo que desde logo nunca ocorreu nos mandatos anteriores”.

    Aragunde pregunta si “son estes os cambios dos que veñen presumindo nos últimos dous anos?”, e recorda que unha das propostas da toma de posesión de Carmela Silva era que se ía encargar de que a actividade política e institucional ía ser totalmente independentes, “pero día tras día nos amosan todo o contrario, como neste caso”.

    Por iso, engade, “resulta curioso que precisamente aqueles abanderados da independencia entre partidos e institucións, de esixir e pedir transparencia, cando teñen a oportunidade de demostrar o transparentes e independentes que son eles utilicen este tipo de artimañas”.

    Neste sentido, recordan os populares, “é moi habitual que pleno tras pleno recorran a cualificativos de cacicadas para falar da xestión de outros, e nós preguntámonos como definirían eles se o PP aprobase axuda para NNXX? Seguramente, unha situación como esta lles serviría para acusarnos de estar financiando o partido, por iso lles propoñemos que sexan eles mesmos os que determinen como cualificar este tipo de acción”.

    As axudas que Galiza Nova recibiu en 2016 e 2017 foron a través de subvencións culturais. A primeira delas, por importe de 5.159,43 euros para actividades de dinamización da lingua galega en Vigo, e as dúas restantes este ano para Poio, unha de 873 euros para actividades culturais e outra, de 2.418 euros, para dinamización da lingua galega.