Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio recorda a Chelo Besada que Portos executará o proxecto integral do porto de Raxó «cando o Bipartito comunique a ubicación da Depuradora»

    • Tras as acusacións de Chelo Besada contra Portos de Galicia, desde o PP recordan que a próxima actuación será en Raxó, conforme acordou a mesa de traballo: «Acaso a sra. Besada quere cambiar a orde?».
    • A popular Tamara González corrixe á tenente de alcalde: «É precisamente desde 2009, cando volveu ó goberno o Partido Popular, que a Xunta cumpre con Raxó e Samieira ».

      

    Poio, 1 de setembro de 2017. A voceira do Partido Popular para a parroquia de Raxó, Tamara González, saíu hoxe ao paso das declaracións de Chelo Besada, que acusou a Portos de Galicia de paralizar actuacións no Covelo e Raxó: «A señora Besada debería deixar de mentir aos veciños. A orde de actuacións de Portos de Galicia en Samieira e Raxó determinouse  en coordinación co concello de Poio e estase a realizar conforme se estableceu na mesa de traballo, da que tamén forman parte, ademais dos entes local e autonómico, colectivos das dúas parroquias: unha primeira actuación no porto de Raxó –a pasarela peonil-, unha segunda en Samieira –a contorna da ponte do Covelo- e un terceiro investimento que será en Raxó porque así o consensuaron Portos e o Concello. Acaso quere agora cambiar a orde?».

    «É unha planificación moi clara que se está cumprindo. En primeiro lugar construiuse a pasarela peonil, cun investimento de máis de 100.000 euros. A continuación humanizouse a contorna da ponte do Covelo e mellorouse o acceso, investindo case 200.000 euros. E a seguinte obra será o proxecto integral do porto de Raxó, unha actuación de gran calado grazas ó compromiso da Xunta. Non sabemos se o que quere a señora Besada é que a seguinte actuación non sexa en Raxó», explicou González, que aclarou: «O que está claro é que quen ten paralizada a actuación en Raxó é a incompetencia do Bipartito de Poio do que forma parte Besada, porque para que se comece esa obra é preciso que comuniquen primeiro a ubicación da Depuradora ».

    González pasou a explicar a actuación prevista en Raxó: «A seguinte fase consiste en levantar toda a rúa, cambiar as canalizacións e facer un sistema de saneamento e separación de residuais, un investimento de Portos de máis dun millón e medio de euros que esixe saber donde será a depuración das augas residuais. O que está bloqueando ese investimento é a incompetencia do Bipartito».

    «Desde o primeiro momento Portos deixou claro que para comezar esa fase necesitan saber a ubicación da depuradora», dixo González: «A Xunta foi taxante con que non se poden investir eses importes sen saber donde ten pensado o Concello facer a Edar. Esa postura da Xunta é coñecida desde hai moito tempo polo concello e pola Comisión de Seguemento. Os responsables de Portos dixeron por activa e por pasiva que en canto o concello diga a ubicación da EDAR comezarán os trámites para a obra».

    «Así que en vez de mentir e intentar enganar, o que debería facer a sra. Besada é chamar a Portos de Galicia, comunicarlles a ubicación da Depuradora de Poio e así matan dous paxaros dun tiro», recomendou González á tenente de alcalde. «Se en vez de mentir e poñer escusas o Bipartito fixese por Raxó o 10% do que fai a Xunta, xa se podían dar por satisfeitos».

    Por último, González corrixiu á tenente de alcalde, que afirmara recentemente que as obras en Samieira e Raxó “estaban bloqueadas desde 2009”, e apuntou que «Besada trabúcase de datas. Foi co PSOE e o BNG, entre 2005 e 2009 que Samieira, Raxó e todo Poio estaban abandonados polo Bipartito. Precisamente desde 2009, que o PP volveu ó goberno autonómico, o compromiso da Xunta con Samieira e Raxó e real».