Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Comité de Dirección do PP de Pontevedra planifica a celebración da segunda fase de congresos locais

    • Os primeiros que se van celebrar, dun total de 14 autorizados polo Comité Executivo celebrado en xullo, serán os de: Oia, Silleda, Vilaboa e Cerdedo-Cotobade.

     

    Pontevedra, 4 de setembro de 2017.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, presidiu hoxe Comité de Dirección do PP de Pontevedra, que tras un breve parón no mes de agosto, retoma as reunións semanais para abordar cuestións internas do partido. Entre elas,  o punto principal  foi a celebración dos primeiros congresos desta segunda quenda e fixar un calendario de traballo de cara ao último trimestre do ano. 

    O Comité de Dirección acordou que os primeiros cónclaves a celebrar a partir deste mes de setembro sexan os de: Oia, Silleda, Vilaboa e Cerdedo-Cotobade. A convocatoria do congreso farase con un mínimo de 30 días de antelación e os afiliados poderán coñecer así a data de celebración do congreso no seu municipio e os prazos para a presentación de candidaturas.  

    Os demais congresos, ata un total de 14 que foron autorizados polo Comité Executivo celebrado a finais de xullo, e incluso algún máis dunha probable terceira fase, celebraranse segundo explicou o presidente provincial durante o último trimestre de 2017 e o primeiro de 2018. A partir de aí, o PP de Pontevedra centrarase nas eleccións municipais de 2019. “Empezaremos entón a falar de candidatos, algúns coincidirán cos presidentes locais destes congresos que estamos celebrando pero non necesariamente”, explicou Alfonso Rueda.