Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio solicita un informe técnico para aclarar a titularidade das Escolas Deportivas

    • Ante o silencio do Bipartito, os populares presentan por rexistro unha solicitude para que os técnicos determinen se as Escolas Deportivas son públicas ou privadas.

                                                                        

    Poio, 5 de setembro de 2017. Días despois de pedir ao Bipartito explicacións sobre as Escolas Deportivas, e ante o silencio do goberno local, o responsable de deportes do PP, Tucho Muíños, solicitou que sexan os técnicos municipais quen aclaren a titularidade e o sistema de xestión desta entidade.

    A pasada semana, tras unha sucesión de explicacións contraditorias a usuarios e pai de alumnos por parte dos responsables municipais, Muíños solicitou ao equipo de goberno que recoñecese que as Escolas Deportivas non pertencen legal nin administrativamente ó concello de Poio e pediu que que aclarase a súa titularidade e como están xestionadas: «Non nos contestou ningún membro do goberno, así que imos solicitar que se pronuncien os servizos técnicos municipais».

    Os populares solicitan no escrito que a secretaria e a interventora municipais determinen o réxime xurídico e de xestión, e a relación co concello desta entidade fundada polo goberno do PP a principios dos 90 como un servizo municipal pero que foi “privatizada” despois de que o BNG chegase ó poder.

    Segundo Muíños, o obxectivo de solicitar este informe é que os responsables municipais deixen de intentar enganar ós veciños: «Cando é para facer fotos insinúan que son municipais, pero en canto xorden problemas, recoñecen que non o son e se escusan dicindo que “é un club privado”», unha actitude «hipócrita» que provoca a confusión dos veciños: «É importante que se saiba dunha vez por todas a quen pertencen as Escolas Deportivas e cal é o papel do concello en todo isto».

    Muíños recordou que «o noso partido sempre estará orgulloso do éxito do modelo das escolas deportivas fundadas e impulsadas polo PP», unha idea que, o tempo demostrou que «foi un acerto», pero explicou que os usuarios, os pais, e todos os veciños de Poio «non merecen que se lles minta».