Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DE SALCEDA DENUNCIA O ESTADO DAS INSTALACIÓNS DO CAMPO DE FÚTBOL DO PENEDO REDONDO

    • O Alcalde pretendía retirar 9.871,55 € da partida de instalacións deportivas
    • As instalacións do Campo de Fútbol do Penedo Redondo atópanse nun estado lamentable

     

    Mércores, 5 de setembro de 2017. O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, denuncia o estado de total descoido no que se atopan as instalación deportivas do Campo de Fútbol do Penedo Rendondo.

    “Para poñernos en antecedentes é preciso explicar que no pleno do pasado venres 25 de agosto, o Goberno Municipal propuña retirar 9.871,55 euros da partida de instalacións deportivas para proceder a un dos pagos do préstamo solicitado para saldar a débeda cos/as expropiados/as do Parque Raíña Aragonta,. Este Grupo coñece que hai que afrontar o pago, mais non está de acordo coa medida de retirar desa partida o importe, por iso presentou unha enmenda. Tendo en conta o importe tan elevado de intereses xerados pola irresponsabilidade do alcalde (ó retrasar o pago durante anos) cremos oportuno que os cartos se retiren da partida adicada ós soldos do Goberno (excesivos ó noso parecer e que tan só se verían reducidos nun 4,5%) en vez da de instalacións deportivas (que se reduciría nun 68%). Esta proposta foi declarada improcedente por parte de Besada que decidiu non sometela nin tan sequera a votación.” explica Davila 

    Continúa o voceiro “Nun intento de sacar adiante a enmenda, tamén propuxemos outras posibilidades coma a de retirar os cartos da partida de publicidade ou da de gastos protocolarios -preto de 50.000 e 10.000 euros respectivamente- que son, ó noso parecer, completamente desproporcionadas. Pois ben, Besada tampouco aceptou falar sobre esta proposta, ainda a sabendas de que tanto o Grupo Socialista coma nós compartiamos postura sobre o tema e que, polo tanto sumabamos a maioría de votos”. 

    “Como nos parecía completamente irracional a decisión proposta polo Alcalde de retirar os cartos dunha partida que, cremos, é máis que necesaria, ambos Grupos da oposición decidimos non respaldar a súa decisión. Unha evidencia do necesaria que é a mesma, atopámola no lamentable estado no que se atopan as instalacións deportivas do Campo de Fútbol Penedo Redondo: vallas rotas, redes en mal estado, vestiarios en moi malas condicións, etc. Xa non é a primeira vez que solicitamos ó Goberno a súa mellora e, dado que non se procedeu á mesma, presentaremos un rogo por rexistro que se levará ó próximo pleno para tratar o tema” afirma Davila.

    “O que non se pode permitir é que o Goberno Municipal continúe a gastar cantidades desproporcionadas en menesteres que pouco repercuten –beneficiosamente- sobre os salcedenses, en vez de solucionar o abando que sofren tanto as parroquias coma diferentes zonas do casco urbano e das instalacións deportivas dos mesmos. Tampouco se pode permitir que un Alcalde vete propostas que o único que pretenden é poñer a mellor solución posible a algúns dos problemas do pobo ou que nin tan sequera permita o seu debate para, entre todos, chegar á mellor solución posible. Coa súa actitude o único que fai é perxudicarnos a todos os/as salcedenses. Merecemos un Alcalde que nos represente e, Besada, fai tempo que vela só polos seus intereses” remata o voceiro.