Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda comproba o estado dos colexios de infantil e primaria ante o inminente inicio do curso escolar

    • Os populares visitarán ata o venres os centros de ensino, para comprobar que obras de mantemento se fixeron ou quedan pendentes.

     

    Silleda, 07 de setembro de 2017.- O Partido Popular de Silleda está visitando ata mañá venres os centros de infantil e primaria do municipio, concretamente os CEIP Ramón de Valenzuela, en A Bandeira, e o CEIP Silleda. Os concelleiros populares estanse reunindo con persoal dos centros para coñecer que tipo de mantemento executou o Goberno local este verán e, sobre todo, comprobar en que estado vai atopar o alumnado estes centros na súa volta ás aulas o luns.

    Durante esta visita, os populares tamén se están interesando polos listados de peticións que os centros educativos trasladaron ao concello a principios de verán. Desde o PP recordan que os concellos teñen as competencias en materia de mantemento, e polo tanto é responsabilidade do Goberno local que os centros estean a punto ante o inminente inicio do curso.