Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Feliz aniversario, presidente Albor!

     O PPdeG emite un vídeo para conmemorar os 100 anos do seu presidente de honra

    • Segue a ser un referente do partido, un dirixente que non é patrimonio do PP senón de todos os galegos, e unhas das figuras máis importantes da democracia do noso país

     

    Santiago, 7 de setembro 2017.-  O PPdeG quere trasladar unha mensaxe de felicitación ao seu presidente de honra, Xerardo Fernández Albor, polo seu aniversario número 100. Para isto, os populares prepararon vídeo (https://youtu.be/Vk-6izKt0cA) que repasa en imaxes a súa traxectoria política e pretende servir como homenaxe ao primeiro presidente da Xunta que tivo o PP en Galicia (Alianza Popular).

    Albor segue a ser un referente do partido, un dirixente que non é patrimonio do PP senón de todos os galegos, e unhas das figuras máis importantes da democracia do noso país. Nestes tempos nos que hai territorios que con frecuencia toman camiños equivocados, o noso presidente de honra tivo por costume acertar e poñer por diante os intereses do noso pobo.

    Ademais, aos seus 100 anos, Xerardo Fernández Albor segue a ser un activo do PPdeG, mantendo un contacto permanente coa cúpula do partido e sendo habitual que contribúa coas súas aportacións intelectuais e ideolóxicas que axudan na configuración do noso ideario político. De feito, recentemente, o presidente Alberto Núñez Feijóo visitouno na súa residencia e alí mantiveron unha animada charla de política actual e da pasada, na que demostrou que segue a ter unha capacidade privilexiada para temas políticos e para a xestión pública.