Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PARTIDO POPULAR CONSIDERA QUE A POSTA EN ESCENA DA SUPOSTA ‘NORMALIZACIÓN’ DO SERVIZO DE VALORIZA ESTÁ “FORA DE LUGAR”

    •  O concelleiro popular, José Juan Rodríguez Grandal, recorda ao Concello e á empresa que “considerando as denuncias dos veciños polo ruído, o deficiente servizo, a non separación de reciclables”, a súa actitude é unha falta de respecto.
    • O voceiro popular de Facenda recorda que os veciños de Poio sofren o recibo máis alto da provincia: “Os veciños de Poio pagan máis do dobre que hai un ano, porque pagan o mesmo por un servizo moito peor”.
    • En relación a App presentada polo Concello e Valoriza para notificar incidencias, Rodríguez Grandal ironizou se era a mesma aplicación anunciada polo Concello“a bombo e platillo en setembro de 2014” e explicou que “ou mentiron entón ou menten agora”.
    • O popular resumiu a comparecencia do Concello e Valoriza: “Presumen dun servizo que dos peores da provincia e ademais, o máis caro; culpan aos veciños dos fallos da empresa e anuncian un servizo que xa presentaron hai  dous anos”.

     

    Poio, 20 de maio de 2016. O voceiro do PP de Poio en Asuntos de Económicos, Juan José Rodríguez Grandal, criticou hoxe duramente a posta en escea dunhas declaracións conxuntas do Concello de Poio e a empresa Valoriza nas que anunciaban “a suposta normalización do servizo”, que cualificou de “fóra de lugar”.

    O concelleiro popular quixo recordar á empresa a importante cantidade de veciños que continúan a poñer queixas e denuncias “polo ruído, polo deficiente servizo, pola colocación dos contedores”... Rodríguez Grandal indicou que “agora mesmo hai preguntas e reclamacións presentadas por rexistro por particulares que están sen contestar”, polo que as declaracións “triunfalistas e sen fundamento” da empresa e os responsables municipais de Medio Ambiente resultan “moi irrespetuosas”.

    Rodríguez Grandal lembrou que os veciños de Poio “continúan a pagar a taxa máis alta da provincia no rural e a segunda máis alta en núcleo urbano: máis de 120 €”, e indicou que “aínda por riba, realmente a xente de Poio está pagando dúas veces o que antes, porque pagan o mesmo recibo e reciben un servicio o dobre de malo peor”.

    O concelleiro explicou que a xente sigue pagando a mesma cantidade desorbitada “por tres días de servizo en lugar de seis”, e que a mala colocación dos contedores obriga ós veciños a percorrer “máis distancia que antes e xogándose o tipo” xa que, recordou, hai menos contedores que antes e os existentes obstaculizan o arcén, o que provocou a reacción airada de moitos usuarios.

    Rodríguez Grandal recalcou que ao grupo municipal popular “non lle consta” que a empresa solucionase as graves deficiencias no servizo polas que foi sancionada este mesmo mes, e indicou que “os veciños non viron as melloras das que falaron nesta rolda de prensa”.

    O voceiro dos populares para asuntos económicos lembrou que as deficiencias do servizo proporcionado por Valoriza –protagonista dun polémico proceso de contratación- eran “moitas e moi graves”, e subliñou que meses despois da entrada en vigor do contrato “a empresa non cumplira ningunha das súas obrigas contractuais”. Rodríguez Grandal se preguntou, entón “¿Como queren que nos creamos agora que o servizo está normalizado cando ademais todos os veciños denuncian que non é así?”

    O edil popular cualificou de “especialmente grave” a resposta dada polos responsables da empresa e do Concello cando diciron que as deficiencias na separación de reciclables que quedaron patentes en varios vídeos presentados polo PP era «un tema de concienciación ciudadana» (sic).

    Rodríguez Grandal dixo que esas declaracións eran “lamentables” e unha proba máis da complicidade entre a empresa e o Concello: “A empresa, despois de que se demostrara que non facía a recollida separada de reciclables, segue a botarlle a culpa aos veciños, e o fai diante do propio concelleiro de Medio Ambiente”.

    Finalmente, o Concelleiro Popular referiuse á aplicación presentada polo Concello e a empresa no acto desta semana para a notificación de incidencias en tempo real e recordou que o Concello presentou esa mesma aplicación, “a bombo e platillo”, o 9 de setembro de 2014.

    “¿É a mesma aplicación que hai dous anos e a presentan dúas veces?” ironizou Rodríguez Grandal. O concelleiro popular indicou que “ou ben e a mesma aplicación e levan dous anos pagándoa sen usala, ou cando a presentaron hai dous anos era mentira”.

    Rodríguez Grandal rematou criticando de novo a posta en escena “totalmente fóra de lugar” do Concello e a empresa, e resumiu: “Presumen de que está normalizado un servizo que dos peores da provincia e ademais, o máis caro; bótanlle a culpa aos veciños dos fallos da empresa e, por último, anuncian un servizo que xa presentaron hai  dous anos”, condensou o voceiro popular. “Unha falta de respecto en toda regla”.