Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Os alcaldes do PP consideran que Caballero fala da área metropolitana en Valladolid porque en Vigo dálle vergonza

    • Nidia Arévalo e Javier Bas consideran que a Caballero en Valladolid lle esqueceu contar “detalles importantes” como que un xuíz non lle deu a razón.

     

    14 de setembro de 2017.- Os alcaldes do Partido Popular consideran que as declaracións de Abel Caballero en Valladolid demostran o seu fracaso no impulso da área metropolitana. Así o manifestou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, quen considera que “o alcalde de Vigo aparcou  o tema e agora que o volveu sacar tivo que ser a centos de quilómetros porque en Vigo, despois da resolución dun xuíz, cáelle a cara de vergonza”.

    “Os alcaldes  agradecemos a claridade de Abel Caballero que, a pesar de que ten maioría absoluta, xa anuncia que a área metropolitana non se porá en marcha ata o mandato que vén. O problema que ten nesta lexislatura sabémolo todos, incluído o propio Caballero, e é que un xuíz non lle deu a razón, algo que, por certo, esqueceu dicir en Valladolid”, incide Arévalo.

    Nesta liña, a alcaldesa de Mos explica que “o alcalde de Vigo primeiro recorreu o auto xudicial que dicía que sen transporte non hai área e por iso estivo calado durante tanto tempo, porque a xustiza deulle a razón a todos os concellos que queriamos un transporte igual que o resto de Galicia”.

    “O resultado da política de confrontación de Caballero foi que deixou tirado a todos os veciños de Vigo e que deixou tirados a todos os alcaldes, aos do Partido Popular que esperabamos ter un transporte metropolitano como o resto de cidade de Galicia e aos das demais forzas políticas, aos que lles dixo que a área metropolitana ía vento en popa, que era imparable e aos que lles prometeu un transporte micropolitano do que nunca máis se soubo”.

    Neste mesmo sentido se manifestou o alcalde de Redondela, Javier Bas, quen recordou que “Caballero foi o que incumpriu o que firmou, foi o que retou a xudicializar as discrepancias existentes, foi Caballero o que recurriu a resolución xudicial a pesar de que anunciara que a ía respectar e foi Caballero o que deixou a Vigo como a única gran cidade galega sen transporte metropolitano, en definitiva non foi capaz de liderar a área. Iso foi o que esqueceu dicir en Valladolid”.

    “A solución, como desde o principio, tena fácil: cumprir o que asinou e integrar a Vigo no transporte metropolitano en iguais condicións ás do resto de cidade de Galicia”, conclúen os populares.