Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Moldes acláralle a Carmela Silva que moción de censura foi a da Deputación de Lugo non a de Sanxenxo

    • Recórdalle ademais que tampouco recibiu nunca ao anterior alcalde
    • Considera que a única razón pola que non recibe a certos alcaldes é “porque non lle dá a gana”.

     

    Pontevedra, 14 de setembro de 2017.- O voceiro do PP na Deputación, Ángel Moldes, aclarálle á presidenta, Carmela Silva que a alcadía de Telmo Martín en Sanxenxo non naceu produto de ningunha moción de censura, senón da  dimisión dun alcalde e un posterior pacto co PP, provocado precisamente pola burla que se lle fixo desde a Deputación de Pontevedra e os posteriores desencontros causados pola reforma da avenida Luis Rocafort.

    Neste sentido Moldes considera que en Sanxenxo o problema de Carmela Silva  ten que ser outro, porque nin recibe a Telmo Martín nin recibiu nunca ao anterior alcalde, ao contrario, consentiu que o seu equipo de Goberno o desprezaran e insultaran publicamente, como “un alcalde que se baixa os pantalóns ou un alcalde novato”, mentres ela aplaudía. O problema visto así, igual o ten cos veciños de Sanxenxo, os únicos prexudicados pola súa decisión.

    Moldes recórdalle ademais que moción de censura é outra cousa, “moción de censura foi a que fixo o partido de Carmela Silva na Deputación de Lugo”.

    En todo caso, explica Moldes, o problema de Carmela Silva vai máis alá de mocións de censura ou non, o problema aféctalle aos alcaldes do PP, e a todos, incluso do seu partido que non lle rin as gracias a ela e a Caballero. “Algo que se debería facer mirar porque ela é a presidenta da Deputación de Pontevedra, a que debera representar a todos os concellos da provincia, sexan da súa cor política ou non”.

    “Se non recibe a certos alcaldes é porque non lle dá a gana, algo que deberá reflexionar porque se está equivocando, non pode estar continuamente buscando a confrontación política permanente con todas aquelas institucións gobernadas polo Partido Popular porque a súa función como presidenta da Deputación de Pontevedra é outra”, conclúe Moldes.