Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Partido Popular pon en marcha unha nova iniciativa para facer política a pé de rúa

     O presidente local e portavoz municipal, Jacobo Moreira, presentou hoxe un periódico con información municipal que comezará a repartirse entre os veciños do noso municipio,

    • Trátase dun mecanismo máis para chegar aos veciños, “unha visión fresca e diferente da realidade de Pontevedra.
    • 7.000 exemplares cos que “desenmascarar a parálise e as carencias na xestión do BNG de Lores”.

     

    Pontevedra 14, setembro, 2017.- Xa esta na rúa “Imaxina Pontevedra”, o periódico elaborado polo Partido Popular de Pontevedra “co fin de desenmascarar a parálise e as carencias na xestión do Goberno de Lores”, tal como explicou este xoves o presidente local e portavoz municipal, Jacobo Moreira.

    “Trátase dun mecanismo máis para chegar aos nosos veciños, unha publicación que engloba información destes dous anos de mandato e que ten como obxectivo aportar una visión fresca e diferente da realidade municipal”, salientou o edil popular, “o Partido Popular de Pontevedra está na rúa, pegado á xente, aos pontevedreses”, engadiu. Os populares repartirán os 7.000 exemplares durante as vindeiras semanas entre os veciños, a través de carpas que se instalarán na rúa.

    Jacobo Moreira destacou que se trata dun “periódico por e para os pontevedreses”. “Traballamos por Pontevedra, estamos cos veciños, escoitando as súas inquedanzas e tratando de resolver os seus problemas”, sinalou. “A nosa labor é fiscalizar a xestión do goberno e ofrecer a nosa axuda aos pontevedreses en todo o que estea da nosa man”, apuntou Jacobo Moreira quen avanzou que “así o seguiremos facendo”. Nesta publicación, os populares lembran tamén os logros acadados, “algúns con máis éxito que outros, pero seguiremos traballando para conseguir, por exemplo, que Pontevedra conte por fin cunha normativa que regule a instalación dos lombos, seguiremos analizando as ordenanzas vixentes e esixindo a súa renovación cando sexa preciso, tal e como fixemos coa normativa de Terrazas e Veladores”, destacou. “Queremos que no noso municipio haxa unha maior implicación social e que deixe de reducirse o gasto social nos Orzamentos municipais como está a pasar dende 2011”, lembrou o portavoz popular.

    A través de imaxes dos distintos encontros e reunións, os populares amosan a súa implicación coa sociedade pontevedresa, atendendo as peticións dos veciños, escoitando as súas necesidades, brindándolles axuda e vivindo o seu día a día, “a Ruta Social iniciada hai uns meses ou #EscoitaPontevedra son claros exemplos diso”, destacou.

    Neste periódico queda reflectido “a Pontevedra que temos, fronte á Pontevedra que queremos ter: unha Pontevedra para todos e non para un só partido”, manifestou Jacobo Moreira. Ademais, os populares lembran “o peso que ten Pontevedra” na formación destacando así ao presidente Mariano Rajoy, a Ana Pastor, a Alfonso Rueda, a Francisco Millán, a Pilar Rojo ou a Lupe Murillo, de feito iso queda reflectido na implicación do Partido Popular co noso municipio coa Circunvalación A-57, as melloras na N-541 ao seu paso polas parroquias de Bora e Mourente, co desdobramento da Avenida de Vigo, co Eixo Atlántico de Alta Velocidade ou co Edificio Xudicial, así como cos que xa se atopan en proxecto ou en fase administrativa como o novo Gran Montecelo, o Plan de Sendas, a Intermodalidade ou o paseo marítimo entre Pontevedra e Lourizán.