Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • COMUNICADO DO PARTIDO POPULAR DO PORRIÑO EN RESPOSTA AS DECLARACIÓNS DE EVA GARCÍA DE LA TORRE

     

    O Porriño, 16 de setembro de 2017. 

    Ante as declaracións da Sra. Eva García publicadas hoxe en prensa, o Partido Popular do Porriño quere aclarar os seguintes puntos:

    - É rotundamente falso que o Goberno Municipal do Porriño presentase a este grupo ningún borrador dos Orzamentos Municipais. Unha vez máis Eva García volve a recurrir á mentira para ocultar as veciñas e veciños do Porriño a súa nefasta xestión, consecuencia da desidia, o desinterés e a falta de capacidade coa que está a levar a cabo a súa obriga.  Pasado máis do ecuador da lexislatura, tanto nós como a veciñanza,  tan só obtivemos excusas e largas. A realidade a día de hoxe, é que o goberno da coalición PSOE-UDDL continúa a traballar cos orzamentos elaborados polo goberno do Partido Popular no ano 2012, orzamentos que estando na oposición, a actual rexedora rexeitou e votou en contra da súa aprobación.

    Dende que comezara o seu mandato a principal demanda deste grupo foi que se dera prioridade á elaboración dos Orzamentos Municipais, algo para o que amosamos a nosa total disposición ao diálogo. E neste sentido, como grupo maioritario da corporación amosaremos sempre o noso apoio aos novos orzamentos sempre que estes contemplen partidas prioritarias como o saneamento das parroquias, emprego e benestar social, e para todas as melloras que precisa o municipio,  sempre e cando estas sexan consensuadas coa oposición (non debería esquecer que está a gobernar en minoría).

    - A Sra. García, unha vez máis, carga contra a oposición e contra os propios empregados municipais a responsabilidade do impago de facturas a provedores do Concello, cando só hai un culpable de que a día de hoxe os provedores do Concello non teñan cobrado polos servizos prestados: O GOBERNO DE EVA GARCÍA e o preocupante descontrol económico e falta de fiscalización que a coalición PSOE-UDDL impuxo no Concello do Porriño.

    O equipo de goberno pretendía o pasado mes de maio, que os grupos da oposición resolvesen o problema creado pola súa falla de xestión, ao propor a pleno a aprobación de modificacións de crédito por un importe superior aos 2.100.000 euros, un expediente dunha complexidade extraordinaria, por un importe desmesurado e sen precedentes no Concello. Minte deliberadamente, como acostumbra, ao decir que estas facturas corresponden na súa a gastos realizados polo anterior goberno municipal, cando a maior parte das mesmas responden a contratacións realizadas polo actual goberno; algo que demostraremos.  Unha proposta inviable dado que estes contaban con informes de intervención nos que se advertía de que os expedientes incluían gastos  e contratacións que tiñan sido realizados “de forma irregular”  con contínuos reparos de intervención, tales como contratacións realizadas de xeito verbal, contratos que se siguen executando excedendo do periodo máximo previsto na normativa, prórrogas de contrato non pactadas ainda que sí prestadas de boa fe polo contratista  seguindo a orde do Concello, gastos realizados sin consignación orzamentaria ou sendo esta insuficiente, obras realizadas e anunciadas xa en prensa que, unha vez rematadas, se levan a pleno para consignar partida orzamentaria, etc…  Un largo etcétera de irregularidades que este grupo xa denunciou e puxo en coñemento das autoridades e organismos competentes.

    É por esto que queremos deixar meridianamente claro que O PARTIDO POPULAR DO PORRIÑO NON VOTOU NUNCA NON AO PAGO A PROVEDORES, votamos en contra de aboar facturas de obras e servizos correspondentes e executadas polo actual goberno municipal que contan con numerosos reparos e informes desfavorables de intervención e que demostran o modo de actuar deste goberno facendo uso habitual de prácticas das que, estando na oposición, acusou ao Partido Popular. Adiantar que neste sentido, este grupo dará un paso adiante e chegará ata onde sexa necesario para demostrar o que está a facer o goberno encabezado por Eva García de la Torre.

    - Indigna escoitar, como unha vez máis, acusa sen probas o suposto maltrato persoal e acoso que está a padecer. Non fai referencia a rexedora ao trato vexatorio,  amenazas e insultos proferidos aos concelleiros e persoas afíns ao Partido Popular rexistrados nas diferentes actas plenarias, vídeos etc..

    - No tocante ás graves acusacións que volve a facer sobre “prácticas caciquís” e favores pola “adscripción política”, pese a terse desestimado nun xulgado,  tan só adiantarlle á rexedora o que xa sabe, que dende este grupo se fai e se fará sempre o preciso para demostrar quen é quen contrata empresas afíns e paga favores dende a Alcaldía.

    - Lembrarlle a alcaldesa tamén que non é a este grupo a quen debe pedir apoio, senón a aqueles que a investiron como alcaldesa e que avalan a día de hoxe a súa xestión ao mantela na Alcaldía. O Partido Popular do Porriño é oposición, non é cómplice en ningún caso da súa xestión.

    - Por último manifestar que nos congratula que, nun pequeño exercicio de honestidade, recoñeza públicamente a súa preferencia pola “sala de vistas”, único lugar onde sabe facer “política”.  Se ben alí non foi quen de defender o único punto do seu “programa electoral” , se ben non foi quen de demostrar as acusacións que a levaron a sentarse no sillón da Alcaldía, animamola a que o faga no salón de plenos, onde ten a obriga de dar explicacións e  rendir contas aos veciños.