Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • A BANDA DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MARXINADA NOVAMENTE NA PROGRAMACIÓN DAS FESTAS DO CRISTO

    Unha vez máis, a  Banda non ten espazo nas festas patronais do seu pobo sen explicación algunha.

    • Dende o PP do Porriño reivindicamos o papel educativo e social que se desempeña nas aulas da Escola Municipal de Música e esixir á coalición PSOE-UDDL que recoñeza dito labor dando a oportunidade de amosar o seu traballo na súa vila aos centos de cativos, mozos e maiores que cursan estudos na mesma

     

    O Porriño, 18 de setembro de 2017.- A piques de dar comezo as Festas do Cristo descubrimos con asombro como a programación elaborada polo Goberno Municipal do Porriño marxina a diversos colectivos da vila. Este é o caso dos integrantes da Banda da Escola Municipal de Música que, novamente, quedan excluídos da programacíon festiva do seu municipio.

    Por terceiro ano consecutivo a Banda non ten espazo nas festas patronais do seu pobo sen explicación algunha. Dende o PP do Porriño queremos reivindicar o papel educativo e social que se desempeña nas aulas da Escola Municipal de Música e esixir á coalición PSOE-UDDL que recoñeza dito labor dando a oportunidade de amosar o seu traballo aos centos de cativos, mozos e maiores que cursan estudos na mesma. Lembrámoslle que estes concertos non só reflexan a oferta formativa da Escola Municipal de Música senón que que ofrecen aos seus alumnos a posibilidade de amosar na súa vila, ante as súas familias, amigos e veciños,  o aprendido e o talento que inunda dende fai anos as súas aulas.

    Dende o PP do Porriño consideramos fundamental que no programa festivo teñan cabida todos os colectivos do municipio. Consideramos que ademais dunha proposta de ocio, as nosas festas deben servir de plataforma e dar visibilidade á actividade cultural, deportiva e social do Porriño. Dende que comezara o seu mandato Eva García, esto non ten sido así, retirando de cartel actividades como `Tes Talento'´ ou o `Duatlon Concello do Porriño´, que permitían a centos de veciños e veciñas do Porriño disfrutar da súa paixón na súa vila. AS FESTAS PATRONAIS DO PORRIÑO DEBEN RESPONDER ÁS INQUEDANZAS E DEMANDAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO PORRIÑO, NON ÁS DUN EQUIPO DE GOBERNO.