Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alfonso Rueda encarga aos coordinadores comarcais que poñan a máxima atención ás necesidades de cada concello da provincia

    No comité de dirección que o PP de Pontevedra celebra esta tarde,

    • Participarán activamente na selección dos candidatos para as municipais de 2019.
    • Establecen un calendario de reunións por comarcas para reunir aos representantes municipais e comezar a preparar ás xuntas locais.

     

    Pontevedra, 18 de setembro de 2017.- O Partido Popular de Pontevedra celebrou esta tarde un novo comité de dirección, no que participaron os coordinadores comarcais de toda a provincia. O presidente Alfonso Rueda encargoulles que no tempo que queda ata as municipais de 2019 poñan a máxima atención ás necesidades de cada un dos concellos, “un traballo de campo que é importante e imprescindible para conseguir candidatos e equipos que sexan quen de ofrecer respostas e cubrir as expectativas que hai depositadas no PP”. Un traballo, engade, que se pode facer desde a unidade e pola ausencia de liortas que si hai no resto de partidos.

    Ademais, o presidente dos populares destaca que cada un dos coordinadores participará activamente na selección dos candidatos das súas comarcas de cara ás municipais. “Os coordinadores comarcais, na súa maioría alcaldes, e con experiencia na vida municipal que saben moi ben o que hai que traballar para gañar unhas eleccións locais e coñecen moi ben a súa contorna, incluídos os concellos limítrofes e as súas particularidades, e por ese motivo van participar activamente á hora de elixir candidatos, especialmente nos concellos máis pequenos”, sinala.

    Segundo explica o presidente, este é un debate que aínda non está aberto no partido e no que se van centrar a partir do próximo ano, pero é momento de comezar xa co traballo previo, de aí que o punto principal desta tarde sexa establecer un calendario de reunións por comarcas co obxectivo de reunir aos representantes municipais e comezar a preparar ás xuntas locais para o labor que teñen por diante.

    Alfonso Rueda recorda que hai dúas cuestións fundamentais que diferencian ao PP co resto de partidos. A primeira, que a maquinaria do Partido Popular non para nunca, “mantén un compromiso permanente cos veciños fronte aos que reaparecen uns meses antes das eleccións e desaparecen o mesmo día das votacións”.  Así, apunta que ao longo de todo este ano mantiveron reunións con practicamente todas as xuntas locais do partido na provincia e agora queren facelas  por comarcas nas que os coordinadores serán protagonistas no seu labor de conexión das demandas e necesidades do seu territorio. 

    A segunda diferencia, engade, é que o PP vai presentar candidatura en todos os concellos da provincia e vai saír a gañar en absolutamente todos eles. “Algo que só pode dicir o noso partido, pois todos os demais saen só co obxectivo de intentar que o PP non acade a maioría absoluta”.