Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda denuncia a falta de atención do servizo de augas municipal

    • Dende o Partido Popular alertan que non se cubren as baixas por vacacións do persoal administrativo.
    • A municipalización do servizo non pode supoñer unha peor atención ós veciños.

     

    Silleda, 21 de setembro de 2017.- O Partido Popular de Silleda denuncia que dende o Concello non se están a cubrir as vacacións do persoal administrativo do Servizo de Augas, o que fai que os veciños leven máis de dez días sen poder realizar xestións administrativas relacionadas con este servizo. 

    A decisión tomada polo grupo de goberno non pode supoñer unha pérdida na atención os veciños nun servizo como o de Augas, en embargo dende o Partido Popular informan que “Dende fai máis de dez días os veciños que se acercan as dependencias municipais para realizar algún tipo de tramitación, como altas ou baixas, teñen que dala volta e esperar a que se reincorpore o persoal das súas vacacións, o que non é de recibo, non se pode remunicipalizar un servizo e desatender os veciños de Silleda.”.

    Dende o Partido Popular reclaman ó alcalde Manuel Cuíña, e a o seu grupo de goberno que tome as medidas que sexan necesarias para que non se volva a repetir esta situación, xa que a atención os veciños do Concello e prioritaria, e unha mala planificación na súa xestión non pode deixar a todolos silledenses durante 15 días sen atención nun servizo básico como e o de Augas.

    Ademáis sinalan que esta non e unha circunstancia illada, “Dende fai meses os veciños levan sufrindo a mala planificación na xestión levada a cabo polo goberno socialista, o que fai que teñan que voltar varias veces as dependencias municipais a facer as súas xestións, ou que os seus expedientes se demoren de maneira inxustificada por mor da mala xestión do goberno do señor Cuíña, que parece que anda máis preocupado por cousas que non lle interesan a xente, que por darlle os silledenses a atención que merecen.”.