Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP PIDE QUE SE GARANTA A ACCESIBILIDADE NO CONCERTO DE CAMELA

    •  Varias persoas non puideron disfrutar do concerto central das Festas do Cristo do ano pasado polo feito de usar unha cadeira de rodas.
    • Solicitamos que se habilite un lugar de fácil acceso, sen barreiras arquitectónicas, que reuna todas as condicións de seguridade e dende donde se visualice todo o escenario.

    O Porriño, 22 de setembro de 2017.- O Porriño acollerá mañá o concerto de Camela enmarcado no programa das Festas do Cristo no que se prevé unha importante afluencia de público. A fin de evitar o acontecido o ano pasado durante o concerto central das festas , do que varias persoas non puideron disfrutar polo feito de usar unha cadeira de rodas, e facendonos eco das demandas de varios veciños, dende o PP do Porriño solicitamos ao goberno municipal que reserve un espazo para garantizar que as persoas con problemas de movilidade poidan disfrutar tamén do evento. 

    Habilitar un lugar de fácil acceso, sen barreiras arquitectónicas que reuna todas as condicións de seguridade e desde donde se visualice todo o escenario, bastaría para asegurar o acceso en igualdade de condiciones a todos aqueles que queiran asistir ao concerto.