Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Sanxenxo di que o Concello está en condicións de baixar o IBI nun 20% en 2017

    Tamén propoñen que se inclúan bonificacións de ata o 90% para familias numerosas, e ata o 50% a vivendas con medidas de aforro enerxético.

    Sanxenxo, 20 de maio de 2016.-O Partido Popular de Sanxenxo esixirá no próximo pleno municipal que o Goberno rebaixe o IBI nun 20% en 2017, porque “cos datos que temos, consideramos que o Concello está en condicións de poder asumir esta rebaixa”. A maiores, tamén propoñen incluír bonificacións de ata o 90% ás familias numerosas ou en zonas con menos servizos, e ata o 50% a vivendas con medidas de aforro enerxético, entre outras.

    Ademais, nesta proposta tamén se insta ao goberno a que estude bonificar con axudas de ata o 50% sobre o importe a pagar do IBI, cando se trate da vivenda habitual e estea empadroado en Sanxenxo.

    Os populares tamén proporán no pleno de maio que se inclúa no Consello de Administración de Nauta Sanxenxo a membros de todos os grupos políticos con representación na corporación municipal, así como ao concelleiro independente e aos representantes dos sectores económicos e sociais do municipio.