Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Moreira pide á Xunta que, baixo o marco da legalidade, permita a Elnosa garantir os investimentos previstos na súa fábrica

     A través dunha proposta non de lei que vén de presentar no Parlamento de Galicia,

    • “Estamos cos traballadores e co emprego. En Pontevedra non só hai que atraer industria, senón que é preciso manter a existente”.
    • Soterramento LAT Monteporreiro. A Xunta de Galicia espera dende o 7 de setembro, data na que o solicitaron por segunda vez, que o Goberno do BNG emita un informe para continuar coas tramitacións necesarias.

     

    Pontevedra 23, setembro, 2017.- “Se unha empresa cumpre coa legalidade vixente, non se lle pode negar a súa continuidade, máxime cando hai numerosos postos de traballo en xogo”. Por este motivo, o Deputado autonómico e portavoz municipal no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, vén de presentar no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei coa que pide á Xunta de Galicia que, sempre que se cumpra a Lei e exista a máxima transparencia, facilite a tramitación das autorizacións precisas para garantir os investimentos que ten previstos realizar Elnosa na súa fábrica de Pontevedra, acompasando e condicionando a súa actuación a que lle sexan concedidas as autorizacións precisas doutras administracións.

    “No Partido Popular estamos co emprego. En Pontevedra non só é necesario atraer máis industria, senón que precisamos manter a existente”,  sinalou Jacobo Moreira esta mesma semana no marco dunha reunión que mantivo con representantes do Comité de Empresa de Elnosa.

     “¿Cómo lle imos dicir a uns traballadores que a súa empresa ten que pechar, se cumpre coa normativa? Non sería lóxico”, manifestou.

    Soterramento Liña Alta Tensión Monteporreiro.

    Por outra banda, dende as filas populares consideran “desafortunadas” as peticións levadas a cabo por Luis Bará sobre o soterramento da liña de alta tensión de Monteporreiro. “A descoordinación que impera no BNG de Lores queda unha vez máis ratificada coas actuacións dos seus concelleiros”, manifestou Jacobo Moreira, “se Bará estivese máis atento ao que pasa no seu Concello, tería evitado facer o ridículo no Parlamento de Galicia”, engadiu.

    “O pasado 7 de setembro, a Xunta de Galicia solicitou, por segunda vez, ao Goberno de Lores un informe para poder continuar así coas tramitacións necesarias para proceder ao soterramento da liña de alta tensión en Monteporreiro. Pero ata o momento non recibiron resposta algunha”, desvelou Moreira, “isto é o que sucede cando se está máis preocupado polo que acontece en Santiago ou en Cataluña, que polos problemas reais dos veciños de Pontevedra”, sentenciou.