Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP pídelle “transparencia” ao Goberno da Deputación e que cumpran a lexislación para o acceso á información pública

    • Segundo o voceiro do PP, Ángel Moldes, “a chamada nova Deputación está demostrando que as boas prácticas e a transparencia non vai con eles.

     

    Pontevedra, 25 de setembro de 2017.- Os deputados do Partido Popular presentan unha moción para o seu debate na próxima sesión plenaria que se celebrará o venres, na que solicitan ao Goberno da Deputación que cumpran a lexislación en materia de transparencia, acceso á información pública e as normas de bo goberno, os que deben ser eixes fundamentais de toda a acción política.

    O Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídicos das entidades Locais, ao igual que o Regulamento Orgánico da Deputación, faculta aos membros dunha corporación a obter da Presidenta ou Xunta de Goberno, cantos antecedentes, datos ou información obren en poder dos Servizos da Corporación Provincial e resulten precisos para o desenvolvemento das funcións que lle son propias da súa condición de deputados provinciais.

    Segundo o voceiro do PP, Ángel Moldes, “a chamada nova Deputación está demostrando que as boas prácticas e a transparencia non vai con eles, todo do que presumen tradúcese en todo o contrario, en feitos como os da semana pasada, na que modifican unhas bases dous días despois de que acabe o prazo de presentación ou os orzamentos de 2017, cando o grupo de goberno manexaba un documento e os deputados da oposición outro diferente”. 

    Outro exemplo, a negativa por parte da presidenta da Deputación a entregar ao Partido Popular os informes xurídicos e económicos referidos a proposta de modificación do actual modelo de xestión indirecta dos parques de bombeiros provinciais, solicitados en sede plenaria e despois por escrito o 31 de xullo, amparándose nun suposto prexuízo a “confidencialidade e segredo requerido nos procesos de toma de decisión”.

    Os populares consideran que a negativa da presidenta a facilitar a información solicitada, menoscaba o labor de control e fiscalización que lle corresponde desde a oposición e vulnera os dereitos que lle corresponden pero tamén os dereitos dos cidadáns da provincia a coñecer a acción dos responsables públicos na toma de decisión que lles afectan.