Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Congreso do PP de Cerdedo-Cotobade será o 24 de novembro

    • Alfonso Rueda reuniuse esta tarde cos alcaldes e voceiros da comarca.
    • O obxectivo do encontro é comezar a preparar ás xuntas locais de cara ás municipais de 2019.

     

    Pontevedra, 26 de setembro de 2017.- O congreso do Partido Popular de Cerdedo-Cotobade será o próximo 24 de novembro. Así o anunciou o presidente provincial, Alfonso Rueda, na reunión que mantivo esta tarde co coordinador comarcal de Pontevedra, Ángel Moldes, e cos alcaldes, voceiros e concelleiros desta zona.

    Deste xeito, e tal e como se anunciara hai unhas semanas, Cerdedo-Cotobade será un dos concellos que celebren congreso neste último trimestre do ano. Nos próximos días, será a Xunta Local a que se encargue de convocar o congreso e aprobar o nome das persoas que conformen o Comité Organizador e que serán as encargadas da organización do cónclave.

    A reunión comarcal supuxo un primeiro paso para reunir aos representantes municipais e comezar a preparar ás xuntas locais para o labor que teñen por diante de cara ás municipais de 2019. Ademais, Rueda encargou ao coordinador comarcal que no tempo que queda ata a cita coas urnas, poña a máxima atención ás necesidades de cada un dos concellos, “un traballo de campo que é importante e imprescindible para conseguir candidatos e equipos que sexan quen de ofrecer respostas e cubrir as expectativas que hai depositadas no PP”. Un traballo, engade, que se pode facer desde a unidade e pola ausencia de liortas que si hai no resto de partidos.

    Alfonso Rueda recordou que hai dúas cuestións fundamentais que diferencian ao PP co resto de partidos. A primeira, que a maquinaria do Partido Popular non para nunca, “mantén un compromiso permanente cos veciños fronte aos que reaparecen uns meses antes das eleccións e desaparecen o mesmo día das votacións”.  Así, apuntou que ao longo de todo este ano mantiveron reunións con practicamente todas as xuntas locais do partido na provincia e agora, en Cerdedo-Cotobade, inician a rolda de reunións por comarcas nas que os coordinadores son protagonistas no seu labor de conexión das demandas e necesidades do seu territorio.  

    A segunda diferencia, engadiu, é que o PP vai presentar candidatura en todos os concellos da provincia e vai saír a gañar en absolutamente todos eles. “Algo que só pode dicir o noso partido, pois todos os demais saen só co obxectivo de intentar que o PP non acade a maioría absoluta”.