Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Rueda considera que o traballo que están facendo A Estrada e Forcarei vai ser o seu gran aval para revalidar as dúas maiorías

     Na reunión que o presidente do PP de Pontevedra mantivo esta tarde con alcaldes e concelleiros,

    • Recorda que “ao contrario do que dicían, demostrouse que a fusión non prexudicou para nada o partido xudicial”.

     

    A Estrada, 27 de setembro de 2017.- O presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou esta tarde que o traballo que están facendo os alcaldes da Estrada e de Forcarei vai ser o seu gran aval para revalidar en 2019 as dúas maiorías nestes concello. O líder provincial respaldou así a xestión que están facendo José López e Belén Cachafeiro durante a reunión comarcal que se celebrou na Estrada e á que asistiron, ademais dos alcaldes, concelleiros dos dous municipios.

    Durante o encontro, Rueda tamén destacou que tras a fusión se demostrou que este partido xudicial é totalmente viable. “No seu día tivemos que escoitar moitas ocorrencias e mentiras de políticas socialistas que dicían que a fusión escondía alterar os partidos xudiciais e o reparto de escanos para beneficiar ao PP, pero neste tempo demostrouse que a fusión non só foi moi beneficiosa para Cerdedo-Cotobade e os seus veciños, senón que non prexudicou para nada este partido xudicial”. Con todo, engadiu, “co paso do tempo demostrouse que esas mentiras era un intento desesperado do PSOE para crear crispación no momento da fusión”.

    Este encontro na comarca de Tabeirós-Terra de Montes supoxo un primeiro paso para reunir aos representantes municipais e comezar a preparar ás xuntas locais para o labor que teñen por diante de cara ás eleccións de 2019. Ademais, Rueda encargou ao coordinador comarcal, José López, que no tempo que queda ata a cita coas urnas, poña a máxima atención ás necesidades de cada un dos concellos, “un traballo de campo que é importante e imprescindible para ofrecer respostas e cubrir as expectativas que hai depositadas no PP”. Un traballo, engade, que se pode facer desde a unidade e pola ausencia de liortas que si hai no resto de partidos.

    O presidente popular recordou que hai dúas cuestións fundamentais que diferencian ao PP co resto de partidos. A primeira, que a maquinaria do Partido Popular non para nunca, “mantén un compromiso permanente cos veciños fronte aos que reaparecen uns meses antes das eleccións e desaparecen o mesmo día das votacións”.  Así, apuntou que ao longo de todo este ano mantiveron reunións con practicamente todas as xuntas locais do partido na provincia e agora continúan coa rolda de reunións por comarcas nas que os coordinadores son protagonistas no seu labor de conexión das demandas e necesidades do seu territorio. 

    A segunda diferencia, engadiu, é que o PP vai presentar candidatura en todos os concellos da provincia e vai saír a gañar en absolutamente todos eles. “Algo que só pode dicir o noso partido, pois todos os demais saen só co obxectivo de intentar que o PP non acade a maioría absoluta”.