Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP traslada a Deputación a necesidade de deseñar un plan de modernización da Finca de Mouriscade

    • Para os populares, a visita de Carmela Silva a Lalín, foi un insulto aos veciños, pois o investimento en Mouriscade non foi de 1,8 millóns de euros como ela dixo, o investimento foi cero e esa cifra é o que custa o mantemento da Finca.
    • Aínda que saben que a presidenta da Deputación está máis preocupada pola ampliación de Balaídos que polas vacas de toda a provincia , os populares esperan que a moción sexa aprobada por unanimidade, pois o investimento do que piden é mínimo para o presuposto que manexa a Deputación.

     

    Lalín, 28 de setembro de 2017.- O Partido Popular presenta unha moción para o seu debate na sesión plenaria que se vai celebrar mañá na que insta ao goberno da Deputación de Pontevedra a que deseñe un Plan de Modernización da Finca de Mouriscade, como o que se acometeu nos pasados anos co Laboratorio desa mesma Finca, e que permita que a instalación provincial instalada en Lalín volva a ser referencia en xenética para os centos de explotacións do norte provincial.

    Así o explicaron os deputados populares, Ángel Moldes e Ramiro Varela xunto co voceiro do PP en Lalín, José Crespo e o alcalde de Rodeiro, Luís López.

    Ramiro Varela recordou foi un centro pioneiro, desde a súa creación en 2001, que acadou o punto máis alto a nivel xenético 2010, posicionándose como o número 1 en ICO a nivel estatal, o que avalaba o traballo que se viña desenvolvendo nesta finca por parte dos seus técnicos e responsables do programa xenético. Con todo, o estancamento producido no Programa Provincial de Mellora Xenética especialmente nos dous últimos anos provocou que este centro baixara en xullo de 2017 ata o posto 37. “Hoxe algunhas explotacións da zona manexan mellores embrións que os que hai en Mouriscade, o que implica unha falta de atractivo para os compradores de embrións e de xovencas para a recría”.

    Por todo isto, os populares consideran que este plan de modernización debería contemplar: a importación de embrións procedentes de América do Norte e do centro de Europa que permitan mellorar as liñas xenéticas existentes, a dotación de novo aparellaxe técnico para o manexo e implantación de embrións ou a dotación dun laboratorio móbil e de novos equipamentos técnicos que permitan a impulsión da xenómica. 

    O investimento para levar a cabo este proxecto sería mínimo para a Deputación, -comentou José Crespo-, e máis se o comparamos co que están investindo nas cidades. “Aínda que sei que a presidenta está máis preocupada pola ampliación de Balaídos que polas vacas de toda a provincia”. 

    Os populares esperan que a moción sexa aprobada por unanimidade no pleno que se vai celebrar mañá, ao igual que se aprobou nos concellos.

    “Carmela Silva dixo que estaba disposta a escoitar ideas, pois esta que lle presenta o PP é unha importante para a comarca que incluso estamos dispostos a explicarlle polo miúdo. 

    A VISITA DE CARMELA SILVA A LALÍN FOI UN INSULTO

    Para os populares, a visita da presidenta da Deputación, Carmela Silva a Lalín, foi un insulto aos veciños, pois o investimento en Mouriscade desta nova Deputación non foi de 1,8 millóns de euros como ela dixo, o investimento foi cero e esa cifra é o que custa o mantemento da Finca. “Chamarlle investimento ao que costa o persoal é unha ridiculez, debería estar máis documentada e se quere dicir o que custa o mantemento que diga tamén cales son os ingresos polas probas que alí se fan, porque na etapa na que eu fun o deputado responsable os ingresos cuantiosos”.

    Crespo pediu ademais que a próxima vez que visite Lalín non veña a contar mentiras. “Hai un ano dixo que o viveiro de empresas se ía ampliar e que había lista de espera das empresas que queren entrar e agora vén a dicir que o viveiro de empresas foi un erro. Que se aclare e que non veña a tomarlle o pelo aos veciños”.

    No mesmo sentido se expresou o voceiro do PP, Ángel Moldes, que lamentou ademais que o alcalde de Lalín sexa conformista coa nova Deputación e non solicite investimentos e un mínimo de interese pola comarca á nova Deputación.