Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DE SALCEDA DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO DALGÚNS DOS PARQUES INFANTÍS DO CONCELLO

    • Os veciños e as veciñas da Picoña continúan á espera, máis dun ano despois, da mellora do parque Chan da Arrotea que o Alcalde lles prometera
    • O Goberno Municipal continúa malgastando os cartos en publicidade en vez de invertir na mellora e acondicionamento dalgúns dos parques infantís do Concello

      

    Venres, 29 de setembro de 2017. O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, denuncia o incumprimento da palabra por parte do Alcalde ós/ás veciños e veciñas da Picoña ós/ás que lle prometerá a mellora do Parque Chan da Arrotea, asi coma o pasotismo amosado tras os reiterados rogos a través dos que os populares incidiron na necesidade de mellora e acondicionamento do mesmo.

    “Para poñernos en antecedentes, é preciso explicar –tal e como nos trasladaron- que no mes de Agosto do ano 2016, o Goberno Local retiraba a area do Parque Chan da Arrotea (Picoña), a madeira que delimitaba a zona de xogos e os bancos, ca promesa de que se procedería ó acondicionamento do mesmo nun curto prazo de tempo. No mes de Maio –nove meses depois da promesa do Alcalde- algún/as Concelleiros/as deste Grupo visitabamos a zona acompañadaos/as dos/as veciños/as e presentabamos o correspondente Rogo por Rexistro (con data de entrada 26 de Maio de 2017 e número 3025) para que se procedese á limpeza e mellora do Parque. Aínda que se nos asegurou en Pleno que se tería en conta a proposta, o certo é que a día de hoxe a situación continúa a ser de abandono total, -tal e como se amosa nas imaxes que adxuntamos destes días-: as herbas invaden as randeeiras (columpios) e os tobogáns impedindo o xogo dos/as nenos/as, os bancos seguen tal e como os deixaron e o escombro forma parte da paixase” explica Davila

    Continúa o voceiro “en vista de que a situación continuaba sen solventarse, o pasado día 19 deste mes de setembro, este Grupo presentaba outro rogo por Rexistro (número de entrada 5395) incidindo sobre o anterior e solicitando a solución inmediata da situación. Os/as veciños/as están fartos de ver cómo o Alcalde malgasta cantidades moi elevadas de diñeiro en publicidade e propaganda (carteis, pancartas, comunicación…) e outros menesteres, en vez de arranxar os parques infantís para que os/as cativos/as poidan xogar. Estamos na convicción de que cos cartos que seguen sen aparecer por entradas cobradas a veciños/as por actuacións no Auditorio Municipal, ben se poderían empregar para arranxar e mellorar os mesmos (Caso Auditorio)”.

    “Éste non é o único exemplo de abandono dos parques infantís. O estado das randeeiras (columpios), tobogáns e dos xogos en xeral, así como do chan e do entorno do Parque da Gándara e do de Parderrubias (no torreiro parroquial) son moi mellorables. Unha vez máis o Alcalde deixa en evidencia cáles non son as súas prioridades” remata Davila.