Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Os pontevedreses pagan as costas dos preitos caprichosos de Lores contra Elnosa

     “Está é a política de Lores: promover as súas ideas partidistas cos cartos dos veciños de Pontevedra”, destacan.

     

    • O Concello de Pontevedra deberá pagar máis de mil euros das costas tras non admitirse a trámite o recurso presentado polo Goberno do BNG relativo á renovación da AAI a Elnosa.
    • “Os pontevedreses son os únicos que perden”, destacou Jacobo Moreira.

     

    Pontevedra 29, setembro, 2017.- “Os pontevedreses, incluídos os traballadores de Elnosa, pagan as costas dos preitos caprichosos de Lores contra Elnosa”. Así de contundente se mostrou hoxe o portavoz popular, Jacobo Moreira, tras coñecer este mesmo venres que o Concello de Pontevedra deberá pagar 1.105 euros tras non admitirse a trámite o recurso relativo á renovación da autorización ambiental integrada a Elnosa.

    “Pode que algúns pensen que se trata dunha cifra irrisoria para o Concello de Pontevedra, pero o que non se pode negar é que estes cartos non debería saír das arcas municipais”, destacou Jacobo Moreira, “se o BNG está empeñado en pechar as nosas empresas, debería ser o BNG o que pague cos seus cartos cando perde”, engadiu. “Esta é a política de Lores: promover as súas ideas partidistas cos cartos dos outros, neste caso cos cartos dos pontevedreses, incluídos os propios traballadores de Elnosa”, manifestou.

    “Resulta, canto menos curioso, que o BNG non ofreza está información aos medios de comunicación nas roldas de prensa  posteriores a Xunta de Goberno”, ironizou Jacobo Moreira, “non interesa”.

    “Os pontevedreses son os únicos que perden”, subliñou, “a política xudicial de Lores e o BNG contra Ence e Elnosa tan só ten como resultado a perda de beneficios para os veciños de Pontevedra”. Ademáis, Jacobo Moreira lembrou que “ata a data, o único resultado que se obtivo coa loita xudicial emprendida polo Goberno de Lores foi a perda de cartos, que non son seus, e o derribo do campo de fútbol de Lourizán”. “Lores debe deixar de xogar cos cartos e cos postos de traballo dos veciños de Pontevedra”, sentenciou.