Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DO PORRIÑO INCREMENTA A SÚA PRESENZA NA REDE CON EMPUXE19.COM

    • Os populares presentaron hoxe a súa nova web que nace como unha ferramenta de comunicación rápida, directa e eficaz coa cidadanía do Porriño
    • Ademais de aportar suxerencias e propostas, dende  www.empuxe19.com os internautas poderán acceder tamén ás últimas notas de prensa emitidas polo grupo popular, información sobre convocatorias e actas plenarias, galerías de imaxe, actualidade, entrevistas,  axenda de eventos e toda a información relativa á actividade diaria e as iniciativas do grupo.

     

    O Porriño, 3 de outubro de 2017.- O presidente do Partido Popular do Porriño, M. Alejandro Lorenzo, acompañado polo presidente provincial dos populares, Alfonso Rueda, a vicepresidenta provincial, Nidia Arévalo, representantes do PP de Pontevedra e da executiva local presentou hoxe o novo portal web do partido www.empuxe19.com (tamén www.ppdoporriño.com) que nace como unha ferramenta de comunicación rápida, directa e eficaz coa cidadanía do Porriño.

    Os populares do Porriño lánzase así á era 2.0 e incrementan as súa presencia na rede, non só a través da súa nova web, senón reforzardo a súa presencia nas redes sociais a través dos seus perfís en Facebook (Por Porriño), Twitter (@ppdoporrino) e Instagram (@empuxe19) .

    “Empuxe19.com pretende ser, ademais dunha canle de divulgación das iniciativas e  a actividade diaria do noso grupo, un espazo de participación e diálogo, no que os usuarios non sexan meros lectores senón que participen activamente do noso proxecto”, explicou M. Alejandro Lorenzo, “para nós é esencial escoitar aos veciños e veciñas do Porriño, as súas inquedanzas, as súas queixas e propostas”. 

    Partindo desta premisa, un dos apartados con máis relevancia do novo portal web é o espazo reservado a recoller as suxerencias dos usuarios que desexen comunicar grupo popular, “invitamos a todos os veciños e veciñas do Porriño a expresar as vosas ideas e iniciativas e crear un espazo de intercambio de opinións que nos axude a construir O Porriño que queremos”.

    Pola súa banda, o  presidente provincial Alfonso Rueda aproveitou para “felicitar a Alejandro e a todo o seu equipo por esta iniciativa porque demostra a ilusión coa que están afrontando esta nova etapa do PP local” . O líder dos populares de Pontevedra destacou a  importancia das tecnoloxías da información e da comunicación na actualidade, como ferramentas do futuro, “de aÍ a importancia de adaptarnos aos novos tempos, de modernizar o partido e de abrir o partido á sociedade”. Rueda reiterou as súas felicitacións á nova executiva “creo que estades facendo un bo traballo, que seguramente non reluce polo papel que vos toca desde a oposición, pero que se verá compensado nas eleccións de 2019” e concluíu, “faltan 19 meses e esta web e este canal de TV son unha mostra clara de que vos estades preparando para esa convocatoria. Vós, os membros do PP local e ao partido”

    Dende  www.empuxe19.com os internautas poderán acceder tamén ás últimas notas de prensa emitidas polo grupo popular, información sobre convocatorias e actas plenarias, galerías de imaxe, actualidade municipal, social e cultural do municipio, entrevistas,  axenda de eventos e toda a información relativa á actividade diaria e as iniciativas do grupo.

    Ao longo dos próximos meses, o espazo irá ampliando os seus apartados e contidos a fin de facilitar a maior cantidade de información de interese posible, atendendo en todo momento ás demandas dos usuarios.