Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Veciños de Mourente levan anos esperando pola conexión á traída de auga

     A formación que encabeza Jacobo Moreira reuniuse hoxe cos veciños afectados, 

    • O pasado mes de febreiro presentaron máis de 80 firmas solicitando este servizo básico, “oito meses despois continúan sen recibir resposta”. 
    • Os populares presentarán unha moción no vindeiro Pleno municipal.

     

    Pontevedra 3, outubro, 2017.- Seguindo o seu compromiso “a pé de rúa”, a formación que encabeza Jacobo Moreira acudiu hoxe ante a chamada dos veciños do lugar de Laxiñas – Areais, na parroquia de Mourente co obxectivo de escoitar as súas inquedanzas, despois de que o Goberno de Lores desoia as súas reclamacións.

    Dende hai varios anos, a veciñanza desta zona de Mourente, está a solicitar a conexión á traída de auga, pero “dende o Concello fan oídos xordos a estas peticións”. O pasado mes de febreiro, ante o menosprezo continuo do Goberno do BNG, os veciños presentaron a través do Rexistro municipal máis de 80 firmas volvendo a demandar este servizo básico, “tan só recibiron como resposta un escrito formal no que se lles aconsellaba que, se pasados tres meses, non obtiñan resposta algunha, deberían dirixirse á Comisión especial de Suxestións e Reclamacións”, apuntou a concelleira popular, María José Rodríguez, tras a reunión, “se en algo tan básico o BNG non é capaz de actuar, ¿que podemos esperar deste Goberno?”, engadiu.

    “Solicitan reunións co concelleiro delegado desta zona, non reciben resposta, solicitan entrevista co Alcalde, non reciben resposta. É lamentable a actitude do BNG, non só non escoita aos veciños, senón que  tampouco se dignan a contestar as súas peticións formais”, manifestou.

    A última petición presentada polos veciños foi o pasado mes de setembro, “e previsiblemente terá o mesmo resultado que todas as anteriores”, sinalou Rodríguez Teso. Ante esta situación, os populares presentarán unha moción no vindeiro Pleno co fin de “que o BNG de a cara ante estes veciños”.