Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Congreso do PP de Silleda será o 28 de outubro

    • José Luis Espiño será o presidente da Comisión Organizadora do Congreso
    • Todos os afiliados do PP de Silleda que aspiren á presidencia do partido terán ata o 16 de outubro para presentar por escrito a súa intención de presentarse.
    • As candidaturas deberán ir acompañadas por un mínimo de 120 avais e o prazo para a súa presentación remata o 26 de outubro.  

     

    Pontevedra, 4 de outubro de 2017.- O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra así como a Xunta Local do PP de Silleda deron luz verde á celebración, o próximo 28 de outubro do VI Congreso Local, no que terán dereito a voto os máis de 575 afiliados do PP de Silleda.  

    A Xunta Directiva Local aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como a Comisión Organizadora, que estará presidida por José Luis Espiño Espantoso e acompañarano Paula Mosteiro Lugo e Brais Abeledo Malheiro. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

    Todos os afiliados do PP de Silleda  que aspiren á presidencia do partido terán ata o 16 de outubro para presentar por escrito a súa precandidatura ante a Comisión Organizadora do Congreso e poder ter así acceso ademais á documentación relativa ao Congreso.

    A candidatura deberá ir acompañada por un mínimo de 120 avais, no modelo aprobado ao efecto pola Comisión. O prazo para a presentación de avais remata o 26 de outubro.

    Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, tal e como recollen os estatutos do partido, figurar inscrito no censo de afiliados.