Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP condena a insistencia do alcalde en mentir sobre as Escolas Deportivas e pregunta «que esconde o Bipartito»

    • Tucho Muíños: «Onte el e o seu equipo seguiron mentindo e dando explicacións surrealistas e falsas. Cal é o motivo? É para que non se coñezan as contas?»
    • Os populares sorprendidos polas palabras de Sobral sobre a directiva: «Di que Marga Pazos forma parte da directiva. Que cargo ocupa e desde cando? Nin nos consta a nós nin os técnicos municipais».
    • «Se reciben 60.000 euros de subvención e cobran cuotas aos pais, que fan con eses cartos? Como pode ser que monitores e entrenadores pasen 6 meses sen cobrar?»

     

    Poio, 4 de outubro de 2017. O mesmo día que se fixo público o informe dos técnicos sobre as Escolas Deportivas, «o Bipartito, comezando polo alcalde, seguía mentindo aos pais», denunciou hoxe o PP en relación ás declaracións de distintos membros do goberno local onte, pese a que o escrito de secretaría e intervención non deixa lugar a dúbidas sobre o carácter público das Escolas. O voceiro popular de deportes, Tucho Muíños, denunciou «explicacións falsas e incluso surrealistas do alcalde, que chegou a dicir que as escolas deportivas “son municipais porque reciben moitos cartos do concello” ou que son municipais porque teñen unha “directiva colectiva”. 

    Para o PP estas declaracións son escandalosas e denuncian que Sobral se enroque «en vez de recoñecer a mentira e pedir perdon. Que ten que ocultar para mentir a uns pais sobre quen ten a responsabilidade dos seus fillos?», dixo Muíños. O edil popular preguntou se se debe a «que non queren ser fiscalizados» e recordou que o único que di o informe sobre o financiamento das escolas é que reciben 60.000 euros do concello, pero que as contas non son públicas porque, recordou «son un club privado». Muíños preguntou ao alcalde se sabe que fan con ese financiamento e co resto dos ingresos: «Se reciben 60.000 euros dos nosos impostos e máis cobran as cuotas os pais, cal é o destino deses cartos e como é posible que monitores e entrenadores pasen seis meses sen cobrar?» 

    «O que está claro é que Sobral mentiu e onte seguiu mentindo», explicou o voceiro popular, que subliñou que o informe é taxativo: «as escolas deportivas son “unha asociación privada” que recibe subvencións do concello como moitas outras asociacións é que non é pública, nin municipal nin, desde logo, transparente».

    Muíños chamou a atención sobre unha frase de Sobral sobre a xestión das escolas deportivas, na que as comparou co servizo de recollida de lixo, e preguntou: «Que quere dicir Sobral con esta comparación?» e instou ao Bipartito a explicar «se hai algunha empresa a cargo da xestión das escolas deportivas e cal é?».

    Muiños tamén quixo coñecer o significado das «enigmáticas palabras» de Sobral con respecto á directiva, cando o alcalde dixo que «a concelleira de Deportes forma parte dunha directiva “colectiva” das Escolas Deportivas», e recordou que, segundo o informe emitido polos servizos técnicos municipais, «calquera membro do concello que estea na directiva é “a título individual”, así que en ningún caso a  concelleira de Deportes de Poio forma parte da directiva das Escolas».

    Muíños preguntou «que cargo ocupa Marga Caldas a título persoal e desde cando?», e sinalou que os propios redactores do informe «non coñecen a composición da directiva das escolas, como deixan moi claro no informe». En calquera caso, indicou Muíños, «a última información que se coñece indica que nin sequera o presidente é de Poio», polo que pediu ao Bipartito que, de paso que piden perdón polas súas mentiras e dan explicacións aos pais, que aproveiten para dicir «quen forma parte da directiva do club privado que son as escolas deportivas», ou o que é o mesmo «quen manexa os cartos e de quen é a responsabilidade dos rapaces usuarios das escolas?»

    Muíños rematou pedindo ao alcalde e ao resto do Bipartito que asuman a responsabilidade, pidan perdón e non volvan a mentir: «Onde hai papeis, calan barbas. Agora xa sabemos que non é certo que as escolas sexan municipais. So falta que nos expliquen todo o demais que están ocultando»