Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP ABANDONA O PLENO ANTE AS GRAVES VULNERACIÓNS DOS SEUS DEREITOS COMO CONCELLEIROS POR PARTE DO GOBERNO DE EVA GARCÍA

    • O Grupo Municipal do PP solicitou ata en tres ocasións , o informe do secretario municipal sobre as responsabilidades dos corporativos  e o tipo das mesmas e o cumplimento legal para o pago das  facturas referentes ao expediente que se elevaba hoxe a aprobación definitiva, sen ter obtido resposta a súa lexítima e xustificada solicitude
    • O recoñecemento de crédito por importe de máis de 2 millóns de euros conta con informes de intervención que advirten de numerosas irregularidades e falta de fiscalización

     

    O Porriño, 4 de outubro de 2017.-  O grupo municipal do Partido Popular do Porriño abandonou hoxe o pleno ante os continuos e graves incumplimentos dos seus dereitos como concelleiros por parte do goberno de Eva García.

    No pleno de hoxe,  o Goberno Municipal pretendía a aprobación definitiva do recoñecemento de crédito por importe de máis de 2 millóns de euros. Ante un expediente de tal complexidade e importancia, o Partido Popular solicitou ata en tres ocasións , o informe do secretario municipal sobre as responsabilidades dos corporativos  e o tipo das mesmas e o cumplimento legal para o pago de ditas facturas referentes amén o citado expediente. A primeira na comisión informativa do mes de xuño. Na comisión informativa do pasado 24 de xullo, solicitou por segunda vez o debandito informe xurídico sobre o cumplimento da legalidade das facturas deste expediente para poder exercer o seu voto no pleno pleno ordinario dese mes.  A día de hoxe,  e tras volver a solicitalo na comisión informativa previa á sesión na que pretenden a súa aprobación definitiva, as súa  petición non foi atendida.

    O informe xurídico que solicitan os populares resulta de vital importancia á hora de fiscalizar, comprobar, e se fose o caso dar conta ás autoridades competentes, sobre as irregularidades que reflexa a Intervención Municipal no seu informe sobre este expediente no que se indica que inclúe gastos obxecto de contratación irregular, que se omiten procedementos e requisitos de publicidade e concurrencia así como o trámite de fiscalización previa que, de terse feito sería reparado por intervención, ademais de advertir que numerosos gastos que se realizaron sen a cobertura orzamentaria precisa.

    Ante tales advertencias da Intervención Municipal, e tendo en conta que falamos dun montante sen precedentes de máis de 2 millóns de euros, a solicitude dos populares ademais de lexítima, está máis que xustificada. Según a lexislación vixente, a petición do grupo popular é de obrigado cumprimento ao  contar con máis dun tercio dos membros da corporación e ter solicitado o mesmo coa antelación suficiente á celebración do pleno.  

    En nada quedou a anunciada “transparencia” de Eva García que impide deliberadamente o acceso á información municipal do resto dos grupos da corporación.

    Os provedores teñen dereito a cobrar polos servizos prestados

    Hoxe, Eva García, pretende cargar a responsabilidade da súa irresponsable xestión do erario público sobre o resto dos grupos, ao intentar que estes aproben un expediente plagado de irregularidades e advertencias de intervención.

    Nunha nova mostra da súa incoherencia, fai uso reiterado do que na oposición criticou duramente. Eva García leva hoxe a pleno a modificación orzamentaria número 16, facendo uso habitual e normalizando un  recurso de carácter puntual e extraordinario, ao non ter sido quen de aprobar uns Ornamentos Municipais en máis de dous anos.

    Esa é a única realidade que dista moito da arroxada a prensa pola rexedora que, como xa ven sendo habitual, fai gala dunha vergoñenta demagoxia ao pretender ocultar con falacias a súa falta de traballo e capacidade de goberno e pretender culpar ao grupo municipal do PP das consecuencias dos seus actos, que neste caso, pasan porque os provedores do Concello non teñan cobrado polos servizos prestados. Algo que é responsabilidade única e exclusiva de Eva García e do seu equipo de Goberno. Os provedores teñen dereito a cobrar polos servizos prestados e o Goberno Municipal ten a obriga de asegurar que esto se faga dacordo á lei.

    Convocaronse só 13 dos 23 plenos ordinarios establecidos

    A rexedora limita tamén o labor da oposición ao cambiar as sesións ordinarias por extraordinarias (das 23 sesións ordinarias establecidas só se celebraron 13) nas que as mocións, os rogos e preguntas do resto dos grupos non teñen cabida.

    O  grupo municipal do Partido Popular do Porriño adianta que non tolerará máis esta intencionada opacidade e o bloqueo do labor de oposición ao grupo maioritario da corporación. 

    Apoio ao persoal de Madeiras Iglesias

    O grupo municipal do Partido Popular quere amosar o seu apoio aos  traballadores de Maderas Iglesias que hoxe acudiran ao pleno ao incluir a orde día unha moción sobre a situación da plantilla da empresa porriñesa. Se ben o Partido Popular xa non puido estar presente polo anteriormente relatado, quede deixar constancia do seu respaldo a estes traballadores e traballadoras.