Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Pontevedra traslada o seu apoio e respaldo á Policía Nacional e á Guardia Civil

     Jacobo Moreira recibe na sede da formación aos representantes sindicais dos corpos de seguridade tras o acoso e agresións que están a recibir en Cataluña,

    • Moreira fixo mención especial aos efectivos de Pontevedra comisionados estes días en Cataluña e aos que teñen destino alí. “A sociedade pontevedresa aprecia e valora o voso traballo”, sinalou.
    • Os populares reproban a actitude de Lores tras alentar a situación de ilegalidade que se está a producir en Cataluña. “Como membro do BNG que faga o que queira, como representante de Pontevedra, non”.
    • Presentarán unha moción no vindeiro Pleno que permita amosar o apoio unánime de toda a Corporación á Guardia Civil e á Policía Nacional os nosos corpos de seguridade.

     

    Pontevedra 5, outubro, 2017.- O presidente local do PP en Pontevedra e portavoz municipal, Jacobo Moreira, recibiu este xoves na sede da formación aos representantes sindicais do Corpo Nacional da Policía e da Guardia Civil (SUP, UFP, CEP, SPP, AUGC e APROGC) para trasladarlles “o noso apoio e respaldo a toda a labor incuestionable que están a realizar en Cataluña”.

    “A sociedade pontevedresa aprecia e valora aos nosos corpos de seguridade, por iso queremos que saiban que non están sós. Todas as agresións que están a sufrir nos últimos días nos doen a todos”, resaltou Moreira, quen quixo facer unha mención especial “a todos os efectivos veciños do noso municipio que están en Cataluña estes días traballando nunhas condicións moi difíciles”. O edil popular condena as actitudes de acoso ás que están sendo sometidos, “é un feito imperdoable, que non pode ter lugar nun Estado democrático”. Así mesmo lembrou que “os policías que hoxe están en Cataluña son os mesmos que non dubidarían en salvarnos a vida cando esteamos en perigo, que non se nos esqueza”.

    O portavoz popular asegurou ademais “sentir vergoña da actitude amosada polo Alcalde de Pontevedra nas últimas semanas”. “Como membro do BNG, Lores pode facer o que queira, pero non lle imos permitir que como representante de todos os pontevedreses respalde e alente actos ilegais e inconstitucionais”, apuntou Jacobo Moreira.

    Ante toda esta situación, os populares presentarán no vindeiro Pleno municipal unha moción que permita amosar o apoio unánime de toda a Corporación aos efectivos da Policía Nacional e da Guardia Civil destinados estes días en Cataluña, unha condena expresa ao acoso e as agresións que están a sufrir, así como solicitar que se respecte e cumpra a Lei.