Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DE LALÍN CONDENA O “DESINTERESE” DA DEPUTACIÓN “EN APOIAR AO SECTOR GANDEIRO” E ESIXELLE QUE SE POÑA A TRABALLAR NA “POTENCIACIÓN” DA FINCA DE MOURISCADE

    • Advirten que non van a” tolerar que a presidenta escurra o bulto” e desbote un proxecto que tanto rendemento lle dou aos gandeiros da nosa zona, pero que semella non lles é rendible políticamente.
    • Falan da incongruencia de Silva que di non ter competencias no eido agrario, na mesma semana en que anunciou a posta en marcha do programa “AgroTIC” do organismo provincial para o sector agrario.
    • Quere “abandonar” Mouriscade mentres asume “investimentos impropios en Vigo e Pontevedra en cantidades millonarias e moi superiores ás que serían necesarias para levar ao nivel esixido a granxa lalinense”


    Lalín, 5 de outubro de 2017- O PP de Lalín denuncia o abandono ao que “quere condenar” o goberno da Deputación ao sector agrogandeiro que semella non “interesarlle o máis mínimo”, cecais porque non dea réditos en Vigo nin en Pontevedra. Anuncia que non van a permitir que un goberno sectario como o provincial  “deixe de lado a centos de gandeiros do norte provincial porque a súas prioridades estean nas cidades máis grandes e non en sectores produtivos”. Instan ao goberno provincial a “negociar convenios coa Xunta para o desenvolvemento de proxectos punteiros no eido agrogandeiro”, como se fixo ata o de agora, e non a desfacerse da instalacións. Advirten que non van a” tolerar que a presidenta escurra o bulto” e desbote un proxecto que tanto rendemento lle dou aos gandeiros da nosa zona, pero que semella non lles é rendible políticamente.

    A incongruencia da presidenta da Deputación e a súa postura con Mouriscade queda á vista con só recordar os últimos anuncios que fixo no Concello de Lalín dando a coñecer o programa AgroTIC da Deputación do que dixo que era “unha linea de actuación para que las empresas del sector primario puedan optimizar sus procesos productivos en búsqueda de una reducción de costes, procesos más eficientes, disponer de información en tiempo real y aumentar la calidad de los cultivos”. Un programa con moitas coincidencias co programa de xenética de Mouriscade que non deixa de ser unha ferramenta “para optimizar os procesos produtivos, aumentar a eficiencia da produción e aumentar a calidade do leite”, un referido á xenética e outra ás TIC. Piden explicacións porque si ten competencias para AgroTIC e entende que non as ten para o programa de xenética de Mouriscade ou para toda a actividade da totalidade da Finca, incluíndo o Laboratorio.

    O PP de Lalín condena o “cinismo” da presidenta provincial que non dubidou un momento en poñerse os galóns de gran defensora do agro “cando veu a inaugurar o novo laboratorio de Mouriscade aos poucos días de tomar posesión, pese a que non tivera absolutamente nada que ver na súa mellora”. Agora, que toca continuar o traballo que outros fixeron e que toca destinar recursos, é cando se acorda de que “aquelo do que sacou rédito político, é competencia de outros e prefire transferilo ou esquecelo”.

    Os populares lalinenses “non van a permitir que a Deputación se intente desfacer de  instalacións de apoio ao sector gandeiro e agrícola ou que as condene ao esquecemento económico”, mentres asume “investimentos impropios en Vigo e Pontevedra en cantidades millonarias e moi superiores ás que serían necesarias para levar ao nivel esixido a granxa de Mouriscade”. Os populares advirten á presidenta da Deputación que lle poden dar unha manchea de exemplos onde “está asumindo inversións impropias nas grandes cidades da provincia que nin se cuestiona nin está disposta a deixar de facer”.

    Nos últimos 20 anos de goberno provincial, o apoio aos gandeiros e aos sectores produtivos primarios foi unha das prioridades dos sucesivos gobernos do PP provincia, como demostran a posta en marcha de proxectos pioneiros e experimentais como o de xenética de Mouriscade, a ampliación e modernización do Laboratorio -que xa era un dos referentes nacionais e europeos en alimentación inicial- e o impulso a investigacións necesarias para a mellora da rendibilidade agraria. Actitude que “contrasta co apagón inversor ao que quere condenar Carmela Silva á Finca de Mouriscade, trasladándolle á responsabilidade de investimentos a outras administracións”. Administracións cas que debe negociar para tentar asinar convenios, pero “non para que lle asuman o que lle molesta ou non lle interesa políticamente”.

    Por último, os populares esixen á presidenta da Deputación que “se poña a traballar con carácter inmediato na potenciación de Mouriscade”, se quere negociando ca Xunta como fixeron os gobernos provinciais anteriores, e “senón lle explique aos gandeiros do norte provincial que non está disposta a investir nin un só euro en Mouriscade” para lles botar unha man a modernizar e apoiar ás explotacións nun momento clave para o sector”, coa temeraria desculpa de que non é a súa competencia.